GALICIA
Educación concede bolsas a 137 alumnos para que estuden en países extracomunitarios
A Consellería vén de publicar a resolución destas axudas, que medran por segundo ano consecutivo.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución pola que se conceden axudas para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios ao longo do curso 2016/17. Un total de 137 alumnas e alumnos son beneficiarios destas bolsas, que medran por segundo ano consecutivo, acadando un orzamento total de 210.000 euros, un 36% máis ca no convocatoria anterior.
Outra das novidades para este ano académico é o incremento da contía da bolsa que percibe cada estudante, un máximo de 1.500 euros, fronte aos 1.100 do curso 2015/16. Co fin de premiar o esforzo e a excelencia, o expediente académico foi o único criterio para a concesión da axuda.
A resolución pode consultarse no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20320
Universidades e destinos
Dos que obtiveron a bolsa, un total de 60 son alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, 32 da da Coruña e 45 da de Vigo. Por países de destino o máis popular é México (30 estudantes), Chile (27), Arxentina (26), Brasil (22), EEUU (6), Uruguai (5), Canadá (4), Taiwán (4), Perú (2), Malasia (2), Colombia (2), Australia (1), Corea del Sur (1), Costa Rica (1), Cuba (1), Ecuador (1), Xapón (1) e Suíza (1).
O obxecto do programa, que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2011-12, é apoiar economicamente ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia que participan nun programa de mobilidade autorizado pola súa universidade en países extracomunitarios, o que redunda na internacionalización do SUG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217