O PORRIÑO
O PP esixe unha solución urxente para os veciños da Vaquería
Unha liña contínua entre os puntos quilométricos 2,000 e 3,000 da PO-510 ao seu paso por Vaquería, na parroquia de Budiño, causa un importante perxuizo aos veciños da zona que ven obrigados a percorrer uns dous quilómetros para poder cruzar a estrada ademais de xerar situacións diarias de evidente risco.
![[Img #28481]](upload/img/periodico/img_28481.jpg)
O pleno da corporación local do Porriño abordará na próxima sesión plenaria a moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular solicitando que se inicien as xestións necesarias para dar solución á problematica que sofren os veciños do barrio de Vaquería, na parroquia de Budiño, por mor da existencia dunha liña contínua entre os puntos quilométricos 2,000 e 3,000 da PO-510.
"Debido a esta circunstancia, desde hai varios anos estes veñen padecendo problemas de mobilidade e accesibilidade ao non poder cruzar dita estrada, tal e como o viñan facendo con anterioridade, véndose obrigados a percorrer uns dous quilómetros aproximadamente para poder cruzar a estrada en cuestión", explica o portavoz popular Carlos Martínez.
Os populares piden ao Goberno Municipal que realice de inmediato as xestións oportunas e que se reclame a habilitación dun carril central ou calquera outra medida viable a fin de liquidar esta circunstancia discriminatoria que veñen padecendo estes veciños
Así mesmo, os populares poñen de manifesto que, desde sempre, a liña que dividía os carrís da PO-510, entre os puntos quilométricos 2,200 e 2,600, era discontínua e todos os veciños, o gando e a maquinaria agrícola podían cruzar dita estrada sen ningún tipo de problema. Con todo, a día de hoxe, e para poder cruzar ao lado contrario cara á casa dun veciño ou familiar ou cara a unha leira ou un monte, téñen que percorrer pola beiravía uns dous quilómetros.
Ademais, o feito de que o gando teña que percorrer esa distancia pola beiravía para poder levalo a unha leira no lado contrario da estrada ou que un tractor cargado teña que ir pola propia calzada , crea situacións de perigo e problemas de seguridade tanto para os animais, os seus donos e condutores.
"Esta circunstancia é discriminatoria para os propios veciños do lugar dado que, na mesma estrada, e entre os puntos quilométricos 0,300 e 2,000, existen negocios a ambas as marxes, e alí habilitáronse tres carrís, un deles central con illotes intermedios para que os usuarios dos mesmos poidan utilizalo para cruzar a ambos os dous lados da estrada, sen ter que percorrer catro quilómetros de distancia", explica o portavoz popular Carlos Martínez.
E é que hai que destacar que entre os puntos quilométricos 2,200 e 2,600 hai marxe suficiente para poder instalar un carril central con illotes intermedios, e que este se poida utilizar para cruzar a estrada sen ter que percorrer dous quilómetros.
Por todo iso, os populares instan ao Goberno Local a realizar de inmediato, as xestións oportunas ante a Xefatura Territorial do Servizo de Infraestruturas da Xunta de Galicia para dar unha solución a esta problemática e a reclamar a a habilitación dun carril central entre os puntos quilométricos 2,200 e 2,600 da PO-510, ou calquera outra medida que se considere viable

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191