Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 03 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG califica de “lamentable” a situación da sinalización en todo o concello

Aseguran que é "tarefa imposible chegar a puntos como o Multiusos, Pavillón, Casa do Concello,etc..."

[Img #28488]

 

Según o BNG o "gasto de 50000 euros, procedentes dunha subvención da Xunta, que se leva a cabo no concello de Mos para sinalizar as igrexas e capelas do noso concello é un gasto que podería perfectamente terse deixado para outro momento, e que por suposto, é incompleto e desorbitado para o traballo que se fai" explican nunha nota de prensa emitida hoxe.

 

Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do BNG en Mos, día que "a Xunta no seu afán de plegarse aos intereses da Igrexa, non pensa nas necesidades xerais do concello  no relativo á sinalización, se non que quere facer a típica política de quedar ben con todo o mundo pero sin visión de futuro. Moito máis importante sería unha boa sinalización do camiño de Santiago, por exemplo, ou unha sinalización do resto do patrimonio do concello e non só do relixiosos"

 

Aldea Moscoso asegura que "o estado da sinalización en todo o concello é lamentable, e parece que o que importa é saber chegar ás igrexas, que lembremos son propiedade privada da Igrexa Católica. Algunhas delas sen valor patrimonial ningún, pero que queda moi 'bonito' que estea localizable".

 

O Portavoz do BNG en Mos asegura que "alguén de fóra do concello que intente chegar ao campo de fútbol das Baloutas, ou ao Multiusos, ou ao Pavillón, etc...resultaríalle moi difícil poder chegar, xa que a inexistencia de sinalización e a disparidade de modelos impide calquer informaciín mínimamente clara ao respecto. Temos moitos exemplos de caos de sinalización, e o que facemos e ir sinalando a medidas que chega unha subvención, pero sen un criterio claro para unificar e clarificar os sinais".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.