Mos
Mos xa ten sinalizadas as igrexas e capelas
Unha subvención autonómica permitiu instalar 40 elementos, entre sinais direccionais e paneis turísticos
O Concello de Mos informa que xa se atopan concluídos os traballos de instalación dos sinais indicativos das igrexas, ermidas e capelas do termo municipal mosense, que constitúen un dos principais recursos turísticos do medio rural do Concello.
Dita dotación de sinais turísticos foi posible grazas á subvención para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural do Concello de Mos, concedida por Turismo de Galicia e cofinanciada polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020.
A inversión realizada na execución deste proxecto de sinalización de igrexas e capelas ascende a preto de 50.000 euros e mediante a realización do mesmo preténdese a posta en valor do patrimonio mosense.
Os obxectivos que se perseguen coa instalación dos novos sinais son fortalecer o sentimento de identidade entre os habitantes do Concello e sobre todo dos da parroquia onde se localiza cada recurso, xerar unha iconografía propia que pretende potenciar unha das etapas máis importantes dentro do arte e historia de Galicia, coma é o románico, servir coma elemento de sinalización viaria mellorando e complementando os sistemas existentes, e consolidar o Sistema de Sinalización Turística de Galicia, mediante novas elementos que seguen a liña marcada no mesmo.
Dentro deste proxecto realizouse a sinalización das igrexas das 10 parroquias do Concello de Mos, capelas e ermidas.
Para elo instaláronse un total de 40 elementos: 20 sinais coa finalidade de identificar as 10 igrexas e 9 capelas e 1 ermida. 19 sinais direccionais que sirvan de orientación coa finalidade de poder chegar ás igrexas e capelas dunha forma clara e segura dende os camiños municipais do rural. E un cartel na parroquia de Mos, na Praza do Pazo de Mos, onde se poden identificar todas as igrexas, capelas e a ermida incluídas no presente proxecto de sinalización.
Dentro dos 40 elementos colocados os hai de distintas contías, por incluirse dende sinais pequenos de baixo custe ata grandes paneis informativos máis caros. E por outra banda non só hai que ter en conta o que valen os sinais, senón tamén sumarlle o IVE e a man de obra, do seguinte xeito:
CUSTE TOTAL IVE INCLUÍDO: 49.700 €
CUSTE DE EXECUCIÓN MATERIAL (SEN IVE): 41.000 €
MAN DE OBRA: 10.200 €
Replanteo
Instalación (incluíndo todo o material e medios necesarios)
Recollida e traslado de escombros ao Punto Limpo
40 ELEMENTOS:
20 sinais en forma de flecha de 1450 x 400mm cos seus correspondentes postes de 0,80 x 0,40 x 2,2m: 330 € unidade
9 módulos direccionais con 1 arcón con vinilo reflexivo e poste telescópico: 1.055 € unidade
1 cartel directorio perimétrico cultural con vinilo rotulado e soportado en 2 postes : 1.539 € unidade
10 módulos direccionais con 2 arcóns con vinilo reflexivo e poste telescópico: 1.316 € unidade
A empresa adxudicataria destinou a un total de 12 traballadores, divididos en 2 equipos de 6 persoas cada un, para a realización deste proxecto.
O procedemento de contratación foi mediante un proceso negociado sen publicidade: invitáronse a tres empresas das cales a adxudicataria foi a que presentou a oferta máis baixa. Tanto a adxudicación coma o pago da factura están avalados polos informes técnicos municipais dos arquitecto, secretaria e interventor.
As igrexas, capelas e ermida que se sinalaron son as seguintes:
Igrexa de San Salvador (Parroquia de Louredo)
Igrexa de Santa María (Parroquia de Guizán)
Igrexa de San Mamede (Parroquia de Torroso)
Igrexa de Santa Mariña (Parroquia de Dornelas)
Igrexa de San Martín (Parroquia de Tameiga)
Igrexa de San Mamede (Parroquia de Petelos)
Igrexa de Santa Eulalia (Parroquia de Mos)
Igrexa de San Miguel (Parroquia de Pereiras)
Igrexa de San Pedro (Parroquia de Cela)
Igrexa de Santa María (Parroquia de Sanguiñeda)
Capela de San Gregorio (Parroquia de Louredo)
Capela de Santiaguiño (Parroquia de Guizán)
Capela de San Xoán (Parroquia de Torroso)
Capela de Nosa Señora de Francia (Parroquia de Dornelas)
Capela de San Eleuterio (Parroquia de Tameiga)
Capela de San Amaro (Parroquia de Petelos)
Capela de Santa Marta (Parroquia de Mos)
Capela de Santa Mariña (Parroquia de Pereiras)
Ermida da Virxe das Neves (Parroquia de Cela)
Capela de San Cosme e San Damián (Parroquia de Cela)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149