GALICIA
CIG: "A temporalidade constata a elevada precariedade laboral"
O mes de outubro remata cun total de 198.940 parados/as rexistrados nas oficinas do SEPE en Galiza; un 2,37% máis que no mes anterior (4.604 nos parados), practicamente duplicando o incremento medio estatal que foi do 1,20%. Así, para a CIG, Galicia, xunto coa Rioxa e Estremadura, foi "unha das comunidades onde máis se incrementou o desemprego neste último mes".
A caída da ocupación no sector servizos, onde se incrementou o desemprego un 2,57% , xunto o sector industrial, no que medrou un 1,12 %, explican esta evolución negativa, que tan só foi compensada levemente polo descenso nun 0,19% do número de desempregados/as na construción.
A tendencia na media estatal foi similar, pero o incremento do desemprego foi menor en servizos e industria e o descenso maior na construción.
Elevada temporalidade
Malia aumentar o desemprego continúanse rexistrando un número moi elevado de contratos, en concreto 86.274 no último mes, dos cales tan so un 7,7% foron rexistrados baixo algunha das modalidades de contratación indefinida.
Isto, xunto co feito de que aproximadamente un 40% dos contratos non duran máis dunha semana, constata non só a forte rotación, senón tamén a súa escasa duración, o que ten os seus efectos na protección dos desempregados.
Asináronse un total de 86.274 contratos no mes de outubro dos que só un 7,7% foron indefinidos
Tal é así que no último mes (setembro) descendeu o número de parados con dereito a algunha prestación e entre os que a teñen cada vez son menos os que perciben a contributiva. De feito en setembro só tiveron dereito a prestación o 46,7% dos parados/as, e deles tan só o 40% recibiron a contributiva. Isto significa que de cada 100 parados/ non chegan ao 18,8 os que cobran contributiva, o que dá unha idea do cada vez maior número de galegos e galegas en perigo de exclusión social.
Xunto a isto baixou a afiliación media á Seguridade Social nun 0,13%, o que equivale a 1.335 afiliados/as menos.
Reformas laborais que xeraron pobreza e precariedade
Para o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, os datos veñen confirmar os temores da CIG, que alertaba que as políticas do goberno de Mariano Rajoy en materia laboral e nomeadamente as reformas laborais terían como consecuencia un deterioro das condicións laborais. “Perdemos emprego indefinido, que se trocou por temporal, peor pagado e con menos dereitos. Ese era precisamente o obxectivo das súas reformas laborais e o máis grave é que xa se está consolidando estruturalmente esta enorme bolsa de precariedade e pobreza entre cada vez máis traballadores e traballadoras galegas”, asegura.
Por iso entende que para reverter esta situación calquera medida que se poña en marcha “pasa primeiro por derrogar as reformas laborais” e logo por apoiar o tecido produtivo. A este respecto lembra que “a Xunta tivo a posibilidade de frear esta situación cando presentamos no Parlamento toda unha batería de medidas dirixidas a apoiar os nosos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego de calidade”.
Por iso chama sobre un dato que para a central sindical é especialmente alarmante: o aumento do desemprego no sector industrial. “A estacionalidade non pode explicar os negativos datos do sector Industrial, que son consecuencia directa das nefastas políticas dos gobernos do PP”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217