Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva recibe aos equipos gañadoras das copas “Su Majestad El Rey” e “Su Majestad La Reina” de piragüismo

O Kayak Tudense venceu a Copa do Rei por sexto ano consecutivo e o Breogán do Grove alzouse co título da primeira celebración da Copa da Raíña feminina.

[Img #28495]

 

Esta mañá a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola Deputada de Deportes, Chelo Besada, recibiu no Pazo provincial aos equipos vencedores das Copas “Su Majestad El Rey” e “Su Majestad La Reina” de piragüismo: os pontevedreses Club Kayak Tudense e o Club Breogán do Grove, respectivamente. Trátase do sexto ano consecutivo no que o Kayak Tudense se alza co título e, ademais, o Club Breogán converteuse no primeiro equipo gañador da Copa da Raíña ao ser este o primeiro ano no que se disputou o título. Ambas as dúas competicións decidiron os mellores equipos sénior de piragüismo tanto masculino como feminino.

 

A Presidenta provincial asegurou que “estes méritos son un orgullo para a provincia de Pontevedra” e por iso quixo “resaltar, para o que o saiban todas as galegas e galegos e sobre todo as pontevedresas e pontevedreses, que esta é a primeira vez que equipos da provincia de Pontevedra gañan todas as copas femininas nacionais”, razón pola que “na Deputación de Pontevedra nos enche de orgullo, sobre todo porque as mulleres sempre partimos de varios pasos atrás e tamén no mundo do deporte. Cando hai oportunidades e se aposta polo deporte feminino os resultados chegan rapidamente e isto é unha proba diso”.

 

Carmela Silva asegurou que o Kayak Tudense e o Breogán do Grove “son dous grandes clubs de piragüismo que están a obter grandes éxitos. A provincia de Pontevedra é un gran referente no piragüismo e nos temos que sentir todos e todas orgullosas nesta provincia”. Ademais de gañar, o Kayak Tudense tamén quedou en terceira posición na proba feminina e, o Breogán grovense, en quinto lugar da masculina.

 

Do mesmo xeito, Silva lembrou que “a Deputación de Pontevedra é unha administración na que todas e todos, sen ter as grandes competencias en materia de deporte, estamos convencidas e convencidos de que é un servizo básico para a cidadanía e un dereito de todas as persoas e, ademais, se a práctica de deporte nos leva aos grandes resultados que estamos a obter isto é un investimento para a provincia”.

 

A Presidenta provincial rematou as súas declaracións asegurando que “a cidadanía, as pontevedresas e pontevedreses, deben coñecer o esforzo que fan os clubs e teñen que saber cantas persoas están detrás destes éxitos case sempre traballando a cambio de nada, de forma altruísta, por facer que o noso deporte brille con moitos menos recursos dos que dispoñen noutros lugares da Unión Europea”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.