MOS
Preto de 300 vivendas da parroquia de Tameiga poderán conectarse ao saneamento
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o proxecto que executará o Consorcio de Augas do Louro aproveitando as obras de Fomento de mellora da seguridade vial na A-55.
![[Img #28497]](upload/img/periodico/img_28497.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, informaron de que foi aprobado en Xunta de Goberno Local celebrada onte o proxecto da obra de conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro no termo municipal de Mos. Estes traballos, unha vez aprobado o proxecto pola administración local mosense, serán acometidos polo Consorcio de Augas do Louro e contan cun orzamento de preto de 500.000 euros.
A parroquia de Tameiga pasou dunha poboación de 2.971 habitantes no ano 2000 a unha poboación de 3.235 habitantes en 2010, polo que sufriu un importante aumento (9%). A execución deste tramo de rede de saneamento repercutirá moi positivamente en canto ao aumento de número de vivendas e habitantes que poderán dispoñer deste servizo básico e tan necesario, como é o saneamento.
Concretamente, os núcleos rurais que se verán beneficiados e que se poderán conectar á nova rede separativa de saneamento por gravidade son Gándara, Seixo, Caamaña, Pazo-Madán e Levantada. Este ámbito de actuación sigue o trazado da Autovía A-55 e os novos colectores amplían e melloran a rede municipal de saneamento aproveitando a realización das obras de adecuación e mellora da seguridade vial na devandita autovía que promove o Ministerio de Fomento. O feito de simultanear ambas actuacións evita futuras molestias ós veciños.
Isto suporá unhas 270 vivendas que poderán darse de alta no servizo de saneamento. Considerando unha media de 2 persoas/vivenda, compróbase que dita investimento redundará en beneficio de máis de 500 mosenses.
Os representantes municipais consideran esta obra un importante logro por ser un dos principais proxectos de saneamento dos que quedaban pendentes no Concello de Mos. A relevancia do mesmo demóstrase ante o elevado número de vivendas e particulares que se beneficiarán da mesma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149