GALICIA
Tres de cada catro lumes que se deron en Galicia na última década foron provocados
No tocante á elevada porcentaxe de incendios que se rexistran pola noite, dende a Xunta precisan que arredor do 30% dos incendios dos últimos 10 anos se rexistraron entre as 21:00 e as 7:00, unha porcentaxe que se eleva ata o 38% no que vai de 2016.
![[Img #28507]](upload/img/periodico/img_28507.jpg)
Logo de que a Consellería do Medio Rural presentase un informe no que se avalían as causas dos incendios forestais en Galicia, o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, destacou que tres de cada catro lumes que se deron na comunidade na última década foron provocados –“é dicir, o 75% dos lumes forestais son intencionados”, aseverou- ; o 30% se iniciaron pola noite; un 8% comezou con máis dun foco de xeito simultáneo; e o 14% dos incendios concéntranse nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria, pese a supoñer só o 3,6% da superficie de Galicia.
Logo de precisar que no que vai de 2016, a porcentaxe de intencionalidade nos lumes mantense por riba do 73%, Feijóo afirmou que de entre o resto dos lumes, os causados por neglixencias ou accidentes, os seus principais motivos son: os escapes de queimas durante o inverno, o uso de maquinaria ou o emprego de artefactos pirotécnicos.
No tocante á elevada porcentaxe de incendios que se rexistran pola noite, o titular do Executivo autonómico precisou que arredor do 30% dos incendios dos últimos 10 anos se rexistraron entre as 21:00 e as 7:00, unha porcentaxe que se eleva ata o 38% no que vai de 2016.
Feijóo destaca tamén o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na loita contra a actividade incendiaria, subliñando que neste 2016 a Garda Civil e a Policía Autonómica investigaron na comunidade a 68 persoas pola presunta autoría de 114 incendios forestais
Así mesmo, cómpre salientar que as 67 parroquias de alta actividade incendiaria acumulan máis do 14% dos lumes no último decenio, e o 12,43% dos lumes neste 2016. E, mentres na media de Galicia a taxa de intencionalidade está no 75%, nestas parroquias dispárase ata o 86,67%.
Durante a súa intervención, Feijóo destacou tamén o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na loita contra a actividade incendiaria, subliñando que neste 2016 a Garda Civil e a Policía Autonómica investigaron na comunidade a 68 persoas pola presunta autoría de 114 incendios forestais.
O informe resume tamén a situación das actuacións que se están a levar a cabo para recuperar os terreos queimados polos incendios do pasado verán nos 12 lumes máis importantes, nos que houbo que decretar a situación 2 pola proximidade dos lumes a núcleos de poboación: un no concello de Porto do Son; seis na provincia de Ourense –Avión, Boborás, Entrimo, Melón, Monterrei e Muíños-; e cinco na provincia de Pontevedra –Arbo e As Neves, Caldas de Reis, Catoira, Cotobade, Redondela e Soutomaior-.
O titular da Xunta precisou que as actuacións que se están a levar a cabo céntranse na restauración e consolidación dos terreos con tratamentos para evitar a erosión: labores de reparto de palla sobre o terreo queimado; traballos de recuperación de infraestruturas; control de riscos hidrolóxicos erosivos; eliminación de madeira queimada; e accións de rexeneración da vexetación afectada.
Ata o momento, xa se actuou con técnicas de reparto de palla en máis de 95 hectáreas; colocáronse máis de 3 quilómetros de barreiras filtrantes para evitar arrastres aos ríos e ao mar; limpáronse uns 20 quilómetros de pistas e iniciouse a reparación de máis de 16 quilómetros de infraestruturas.
Feijóo concluíu incidindo en que informes coma este axudan a percibir a relevancia que teñen os incendiarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217