O PORRIÑO
A Biblioteca Municipal do Porriño celebra a renovación da súa web co premio ‘María Moliner’
O Servizo de Promoción da Lectura, dependente da Secretaría de Estado de Cultura, do Ministerio de Educación e Cultura, ven de seleccionar á Biblioteca Municipal do Porriño coma beneficiaria da Campaña María Moliner, como recolle a web do ministerio con data 2 de novembro.
Este recoñecemento chega co anuncio da modernización da páxina web da propia biblioteca-www.bibliotecadoporrino.com-, que completa a renovación total da mesma, logo da reforma das súas instalacións físicas.
Desta forma, ademais dos contidos normais que poderiamos atopar na web dunha biblioteca, como información sobre espazos, servizos, actividades, acceso ao catálogo online ou formularios de contacto, a biblioteca porriñesa presenta esta plataforma como un campo base a partir do cal establecer novas relacións cos seus usuarios.
Experimentación, innovación, comunicación e participación, son as ideas a partir das cales no Porriño xa se están a desenvolver servizos vangardistas no ámbito das bibliotecas. Por exemplo, os usuarios poderán acceder a un canal en Youtube no que se publican vídeos formativos para o uso do catálogo. Ou consultar nun blog as novidades da biblioteca, ou unha explicación detallada das diferentes actividades que se desenvolven (alfabetización dixital para adultos, grupos de conversa en inglés, clubes de lectura para adultos e nenos, ou diferentes actividades de animación á lectura). Tamén é posible ter información sobre o préstamo de libros electrónicos, ou como usar a biblioteca como pasarela para acceder a enciclopedias online. E todo elo dende unha páxina totalmente adaptada aos dispositivos móbiles.
Unha das maiores novidades é no tocante á recomendación de libros. Conscientes de que os hábitos de vida actuais producen que os usuarios non teñan tanto tempo para “mergullarse” entre os estantes, pódese consultar, dende calquera lugar, dende un ordenador, unha tablet ou do noso móbil, cales son as novidades que están entrando na biblioteca en cada sección (adultos, xuvenil, infantil, películas, cómics...), a través das súas portadas, que a biblioteca publica e actualiza constantemente en taboleiros da popular rede social Pinterest.
Do mesmo xeito, irá publicando en Pinterest seleccións de libros por diferentes temáticas, para aqueles que non teñan moi claro qué ler. Porque ante a avalancha de novas publicacións e a presión do mercado editorial, a biblioteca do Porriño quere traballar no campo das recomendacións, tendo claro que cada lector ten o seu libro, e cada libro o seu lector.
Desta forma, na páxina web tamén atoparemos recomendacións dos propios usuarios, a través de fotografías publicadas na rede social Instagram. Ademais, a curto prazo, abrirase un portal en Facebook dende o que a biblioteca pretenderá comunicar, difundir e dinamizar aínda máis o mundo do libro e a lectura na comunidade porriñesa.
Para presentar publicamente esta nova plataforma de servizos en internet, atoparemos publicada na páxina unha videopresentación da alcaldesa, Eva García de la Torre. Tamén unha ruta literaria do libro “Recuerdos porriñeses”, publicado polo porriñés Leandro Diz en 1956. Trátase dun mapa interactivo en Google Maps con marcadores e fotografías xeolocalizadas en diferentes puntos do concello, seguindo as descricións que o seu autor fixera hai sesenta anos. Con esta ruta, a premiada biblioteca do Porriño pretende facilitar a reflexión sobre a evolución cultural, social e paisaxística da súa comunidade, ao mesmo tempo que facer unha homenaxe aos seus escritores locais. Todo un exemplo de como a tradición e a innovación, os libros físicos e o mundo dixital, poden darse a man nunha biblioteca pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191