Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A Biblioteca Municipal de Mos recibe o seu oitavo premio María Moliner

O proxecto de animación á lectura polo que gañou o galardón leva por título ‘Se queres medrar san e sabio, inclúe un libro na túa dieta’.

[Img #28526]

 

Un ano máis se celebrou a Campaña de Animación á Lectura María Moliner, creada coa intención de contribuír á promoción da lectura e auspiciada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola. Este ano cúmprese a súa XVII edición.

 

A convocatoria ten por obxecto premiar a aquelas bibliotecas municipais que leven a cabo un proxecto que integre tanto as accións de animación á lectura, como un uso eficiente dos seus recursos, o labor bibliotecario desenvolvido polo persoal ao seu cargo e a integración social das persoas en risco de exclusión na súa comunidade, ademais do uso das novas tecnoloxías ou TIC.

 

A Biblioteca Pública de Mos co seu proxecto ‘Se queres medrar san e sabio, inclúe un libro na túa dieta’ foi unha das 300 seleccionadas pola comisión de valoración da devandita campaña como beneficiaria dun lote de libros. Deste xeito a Biblioteca mosense suma o seu oitavo premio María Moliner demostrando a súa excelencia no fomento da lectura e o apio á cultura. Excelencia que ven avalada tamén con actividades periódicas organizadas pola concellería de Cultura nas instalacións da Biblioteca Municipal coma o obradoiro audiovisual infantil recentemente realizado para celebrar o Día da Biblioteca.

 

Para celebrar O Día da Biblioteca achegouse a Mos a compañía A Trastenda dos Contos co obradoiro audiovisual ‘A miña Biblio mola’.

 

‘A miña Biblio mola’ foi unha actividade coa que os usuarios/as  máis novos da Biblioteca de Mos puideron presumir de Biblioteca. Neste obradoiro realizouse un videoclip lúdico para promovela e atraer máis persoas á gran familia que xa representa a Biblioteca Municipal. Dúas horas grabando os distintos espazos da Biblioteca e na que os/as usuarios/as participantes convertéronse nunhas auténticas estrelas de cine.

 

A innovación de propostas coma esta son as que fan á Bibloteca mosense vencedora recurrente do Premio María Moliner. Este ano, grazas a este novo recoñecemento, a Biblioteca Municipal de Mos atópase incluída unha vez máis no grupo de 300 bibliotecas españolas premiadas co María Moliner, que nesta ocasión celebrou a súa décimo sétima edición.

 

O concurso de proxectos da campaña María Moliner de animación á lectura vai dirixido a Bibliotecas públicas de municipios de menos de 50.000 habitantes, coma é o caso do Concello de Mos, e ten por obxecto incentivar as accións de animación e fomento da lectura de nenos e mozos, de eficiencia e labor bibliotecaria, así como a integración social nas Bibliotecas públicas.

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, valorou moi positivamente que a Biblioteca Municipal de Mos sexa novamente receptora deste premio “que valora especialmente o esforzo, traballo e imaxinación aportados ós proxectos e programas anuais de fomento da lectura entre os veciños e veciñas, desenvolvidos polas bibliotecas públicas”, explicou a edil.

 

A concellería de Cultura á que pertence a Biblioteca Municipal de Mos impulsa unha serie de actividades que complementan os recursos escolares e académicos ademais da mellora da convivencia escolar, familiar e cidadá con proxectos atractivos e pedagóxicos que dinamizan e favorezan a incorporación social sen esquecer o fundamental: o fomento da lectura e a educación en valores.

 

Neste sentido Sara Cebreiro argumenta que “a Biblioteca debe ser o ente aglutinador e promotor de todas as propostas relacionadas coa lectura. A realización destas tarefas supón a existencia duns requisitos básicos: fondos bibliográficos, recursos tecnolóxicos, relación con outras bibliotecas (no noso caso con bibliotecas escolares), contacto co departamento de Benestar Social e nalgunhas actividades implicación das familias”. Precisamente a habilidade á hora de conxugar todas estas tarefas foi a que facilitou a nova obtención do Premio María Moliner para Mos este ano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.