MOS
Mos fomenta a seguridade cunha charla sobre Sistemas de Retención Infantil e primeiros auxilios
A concellería de Educación e Participación Cidadá organiza, xunto coa Policía Local e a Cruz Vermella, unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil nos vehículos e un curso de primeiros auxilios para bebés.
![[Img #28539]](upload/img/periodico/img_28539.png)
A charla de formación en Sistemas de Retención Infantil (SRI) celebrouse esta tarde no auditorio do Multiusos
Sobre esta charla a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, explicaba que “cada día, nas nosas estradas, prodúcense accidentes de tráfico que teñen consecuencias fatais para os menores debido ó uso inadecuado dos sistemas de retención ou a falta dos mesmos. En 2014, 2 dos 14 menores de 12 anos falecidos nas estradas non levaban ningún dispositivo de retención no momento do accidente. Os bebés e os menores son un sector especialmente vulnerable neste sentido, xa que ben por falta de coñecemento ou ben por un uso inadecuado, os sistemas de retención non son usados adecuadamente. Conscientes desta situación e tendo en conta o cambio de normativa nos sistemas de retención para menores de 135 Cm de altura, dende a Concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos xunto coa Policía Local consideramos importante formar e informar as familias do bo uso destes sistemas, que son importantes para a seguridade dos nosos cativos”.
A formación está dirixida a poboación xeral que desexe asistir e ten por obxectivos formar ás familias no uso axeitado nos sistemas de retención infantil, colaborar na seguridade dos habitantes do Concello, coñecemento da normativa legal sobre os SRI, os grupos existentes e as lesións que preveñen e fomentar actitudes responsables e seguras.
O curso “Primeiros Auxilios: a atención a bebés e nenos/as” impartirase durante as datas do 18 e 25 de novembro e o 2 e 16 de decembro. O curso terá unha duración total de 10 horas lectivas que se dividirán en 4 sesións de dúas horas e media cada unha, en horario de 19:00 a 21:30 horas. Levarase a cabo nas aulas da Axencia de Colocación, sita na Avenida de Peinador, 39.
O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 15 de novembro. A lista de admitidos será publicada o mércores 16 de novembro.
Monzón declarou sobre esta acción formativa que “dende os xoguetes ata os mobles e obxectos da casa poden convertirse nun risco para os máis pequenos. Saber como previr moitas destas situacións cotiás, ou como actuar no caso dun accidente doméstico axudará os pais a sentirse máis seguros e tranquilos ante un accidente doméstico. Conscientes da necesidade de unha formación básica en Primeiros Auxilios para os pais no caso de emerxencias, a concellería de Participación Cidadá organiza este curso básico de Primeiros Auxilios coa Cruz Vermella, coa intención de proporcionarlle os pais os coñecementos básicos para unha boa actuación no caso de emerxencias nos máis cativos. No mes de marzo realizouse unha charla no Centro de Saúde de Mos, con grande demanda por parte das nais de pre e post parto. Debido á satisfacción con dita charla, e a demanda das usuarias e a matrona do Centro de Saúde, dende a concellería cremos interesante e necesario ofertar un curso máis extenso sobre este tema”.
A formación está destinada á poboación xeral, tendo como destinatarios principais os pais e nais do municipio, ata un máximo de 20 participantes. Os obxectivos do curso son capacitar os alumnos para prestar primeiros auxilios ante unha urxencia, facilitar a adquisición de coñecementos, así como un nivel axeitado de formación en canto os contidos propios do curso; mellorar os coñecementos e as actuacións en primeiros auxilios e capacitar os alumnos para seguir unhas pautas de actuación ante unha emerxencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149