TUI
Best Boy pechará o ciclo do seu primeiro álbum, “Cross the border”, cun multitudinario concerto no Teatro Municipal de Tui
O evento, xa un éxito na venda anticipada de entradas, será gravado en vídeo e contará con artistas convidados.
![[Img #28601]](upload/img/periodico/img_28601.jpg)
A música dos tudenses Best Boy encherá o Teatro Municipal de Tui este venres cun concerto “íntimo e intenso” co que a banda quere pechar o ciclo do seu primeiro traballo “Cross the border”.
A finais de 2014 os músicos Ángel Sánchez e Lucas Fernández xuntaron os seus camiños para confluír en Best Boy para presentar en maio de 2015 o seu primeiro disco en común, “Cross the border”. Dende ese momento, a banda tudense iniciou un camiño de éxito que os levou a festivais como o Sinsal Son Estrella Galicia, o Atlantic Fest ou o Festival da Luz.
Agora, ano e medio despois de lanzar o seu disco, a banda, xa convertida en referente no panorama musical galego, pecha este ciclo cun concerto no que o folk e o soul serán os protagonistas.
Amais, os Best Boy non estarán sos no escenario. O grupo tudense estará acompañado por Alex Ocampo, Manuel Ares, Raquel Cerviño e Elena García, como músicos confirmados, pero tamén preparan diferentes sorpresas coa actuación de artistas convidados cos que compartiron escenario nos diferentes festivais e que se descubrirán a partir das 21:30 da noite do venres.
Un concerto “na casa” que será gravado en vídeo e que promete completar o aforamento do Teatro Municipal de Tui. Arestora a venda de entradas vai a moi bo ritmo polo que é recomendable anticiparse na compra a través da plataforma online culturatui.info.
Concerto de Best Boy con “cross the border”
Data: Venres, 9 de novembro, ás 21:30h
Lugar: Teatro Municipal de Tui

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149