MUNDO EMPRESA
O DOG publica o decreto que crea as Entidades de Certificación para facilitar a posta en marcha de novos proxectos empresariais
A iniciativa enmárcase na Lei do emprendemento de Galicia, que eliminou a licenza municipal e a substituíu por unha comunicación previa aos concellos.
O Diario Oficial de Galicia publicaba onte o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, que desenvolve a Lei do emprendemento e da competitividade económica de Galicia no tocante á eliminación das licenzas municipais. Así, créanse as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que facilitan aos emprendedores as tramitacións ante a administración, achegando seguridade e garantías na posta en marcha dos seus proxectos.
A Lei do emprendemento suprimiu –con carácter xeral- a necesidade de licenza municipal de obra e actividade para o exercicio de calquera actividade económica, agás das que requiren un proxecto técnico de edificación. Deste xeito, para a posta en marcha dunha nova actividade empresarial é suficiente coa comunicación previa ao concello, xunto coa documentación que garanta, no caso de que sexa preciso, o cumprimento dos requisitos ambientais, de seguridade e salubridade.
As Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), ás que as empresas poden acudir de forma voluntaria, xestionan dita comunicación previa e asumen a responsabilidade do seu contido fronte á administración
Neste contexto, as ECCOM, ás que as empresas poden acudir de forma voluntaria, facilitarán a presentación de dita comunicación previa, así como da documentación que se debe acompañar, certificando se a instalación ou actividade é conforme coa normativa sectorial e municipal. Estas entidades configúranse así como as únicas responsables fronte ás administracións públicas do contido das certificacións, achegando seguridade ao investidor ao resultar responsables de calquera erro na documentación ou na execución.
Entres os trámites que xestionan e dos que responden as ECCOM, atópase a memoria explicativa de actividade, a xustificación dos pagos dos tributos municipais, o proxecto e a documentación técnica exixible segundo a natureza da actividade, ou as autorizacións e informes preceptivos. Estas entidades serán rexistradas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, previa acreditación na Enac, debendo subscribir pólizas de seguro que cubran os riscos da súa responsabilidade.
Con este novo regulamento, que entrará en vigor en 20 días, a Xunta dá un novo paso na simplificación administrativa e a eliminación de barreiras para facilitar a actividade empresarial. Este é un eido prioritario para o Goberno galego, que activou ademais unha plataforma Doing Business na que empresarios, emprendedores e profesionais poden denunciar os obstáculos cos que se atopan e mesmo propoñer cambios na lexislación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217