Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 12 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Alcaldes do PP insisten en reunirse co goberno bipartito para que lles expliquen os cambios previstos no Plan Concellos

Presentaron hoxe por rexistro unha solicitude para manter un encontro con urxencia antes do 15 de novembro.

Os alcaldes do Partido Popular insisten na necesidade de manter unha reunión co goberno bipartito da Deputación de Pontevedra para que lles expliquen que cambios teñen previstos introducir no Plan Concellos do próximo ano. Por iso, a voceira do grupo provincial e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou hoxe por rexistro, en nome do resto de alcaldes populares da provincia, unha solicitude para manter un encontro, con carácter de urxencia, con Carmela Silva.

 

Nidia Arévalo pide que convoque a todos os alcaldes da provincia antes do 15 de novembro, ou en todo caso que se reúna cos rexedores locais do Partido Popular que son os que están solicitando este encontro, para explicarlles cales son as liñas principais do plan de 2017 e os cambios que están previstos, a distribución dos recursos económicos e a contía que a Deputación destina aos concellos. Ademais, os populares insisten na súa proposta para crear unha comisión na que fixar os criterios de reparto. Critican que hoxe están exactamente igual que  hai un ano, coas mesmas incertezas e dúbidas sobre o reparto dos fondos provinciais.

 

 

 

 

Recordan que levan máis de tres meses esperando a que os convoquen

 

 

 

 

Os alcaldes do PP recordan que levan desde xullo esperando por unha convocatoria de Carmela Silva. Nese momento, solicitaron á presidenta que convocase a todos os concellos da provincia na Deputación de Pontevedra para debater e decidir por maioría as liñas xerais de distribución dos recursos económicos e a contía que se destinaría aos concellos.Transcorridos tres meses, sinalan os populares, aínda non recibiron ningunha resposta, e critican que tiveran que enterarse polos medios de comunicación que o goberno bipartito decidiu, de forma unilateral e sen diálogo, introducir cambios neste plan para os orzamentos do próximo ano. Nesta liña, Nidia Arévalo salienta que o único que reclaman os alcaldes populares é diálogo, que a presidenta se sente con eles e lles explique o que ten pensado facer cos fondos provinciais o próximo ano, pero tamén que escoite o que os alcaldes queren propoñerlle.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.