Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 11 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Karen Zapata, xogará contra 20 xadrecistas ao mesmo tempo O vindeiro sábado no Porriño

[Img #28648]

 

O vindeiro sábado, día 12, ás 11 da mañá, na Praza de Antonio Palacios, a Mestre Internacional  e gañadora do título iberoamericana de Xadrez, a peruana Karen Zapata, enfrontarase a 20 xadrecistas ao mesmo tempo, unha proba de capacidade e resistencia ao alcance de poucos deportistas.


Ao tempo que opta ao título de Grande Mestre, Karen, residente en Galicia, casada cun galego e nai de dous rapaces, quere axudar a desenvolver este deporte no Porriño, onde a Concellería de Educación puxo en marcha unha importante iniciativa para que rapazas e rapaces da víla se acheguen e gocen do xadrez.


Coma sinala esta deportista, a práctica do xadrez “ensina a exercitar a mente, a razoar, é un estupendo desafío psicolóxico que prepara e axuda na vida diaria”. Karez Zapata subliña que o xadrez pódese aprender, non é preciso ter unhas condicións especiais e determinadas para xogar, iso si, “require meditación, ilusión, coma calquera actividade que se inicia, e adestramento físico para poder afrontar partidas de 6, 7 ou 8 horas diante dun taboleiro sen perder a concentración ou acusar o esgotamento”.


Pola súa banda, a alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, lembraron que esta é unha nova iniciativa do Programa Municipal, no que xa participaron máis 150 rapazas e rapaces, e que ao tempo segue a desenvolver o proxecto educativo ‘Xadrez nas Escolas’, aprobado en 2012 polo Parlamento Europeo co obxectivo de impartir o xadrez coma materia e achegar o xogo ciencia no eido local.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.