MOS
O Concello de Mos respalda o traballo dos técnicos no Catálogo de Patrimonio do PXOM
Ademais o catálogo trátase dun documento que evoluciona e no que se poden ir facendo nun futuro cambios e inclusións.
![[Img #28650]](upload/img/periodico/img_28650.jpg)
En aclaración ás declaracións realizadas en prensa pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria respecto dos petroglifos do Alto do Galleiro, de San Antoíño e do Salgueirón, e a súa inclusión no PXOM, a concelleira responsable do departamento municipal de Urbanismo, Julia Loureiro, aclarou que “non é o Concello o que decide a inclusión ou non dos xacementos arqueolóxicos no Plan Xeral, senón que é a Dirección Xeral de Patrimonio da consellería de Cultura da Xunta de Galicia a que ten esa potestade”.
Ademais a edil aclarou que o catálogo patrimonial dos plans de ordenación urbanística non é un documento pechado nin inamobible, senón que pode ir modificándose no transcurso dos anos e engadíndoselle ou quitándoselle elementos según as consideracións de Patrimonio; polo tanto a non inclusión dun elemento na actualidade non quere dicir que non poida ser incorporado nun futuro.
Ademais dende o Concello puntualizouse a este respecto que o petroglifo do Alto do Galleiro non figura no Catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, por iso non se incluíu no Catálogo do PXOM. Sí que se ten constancia deste gravado, que está ubicado no medio do monte, nunha localización nada fácil desde o punto de vista orográfico.
En relación cos petroglifos de San Antoíño e o do Salgueirón, o arqueólogo que traballou no Plan Xeral mosense localizouno fisicamente e visitouno xunto con responsables de Patrimonio. Estes dous son bastante máis accesibles que o do Alto do Galleiro, motivo polo cal Patrimonio os inclúe no catálogo do PXOM coas claves X_056 (GA36033056 no catálogo da Xunta) para o de San Antoíño e X_021 (GA36033021 no catálogo da Xunta) para o do Salgueirón.
Loureiro aproveitou para desmentir que a Asociación Festa da Prehistoria pedise ningunha reunión con ela e destacar que, precisamente o presidente da devandita asociación, Marcos Escudero, foi o que acompañou nas súas saídas de traballo de campo pola parroquia de Louredo ao arqueólogo que se encargou de realizar o inventario patrimonial do PXOM.
E a concelleira rematou sentenciando que “dende o Concello de Mos non imos poñer de ningún xeito en dúbida nin o criterio nin o exhaustivo traballo dos técnicos especializados: nin municipais, ni do equipo redactor do PXOM, nin da Dirección Xeral de Patrimonio, nin do arqueólogo que traballou na catalogación patrimonial do Plan Xeral”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149