PROVINCIA
Carmela Silva presenta aos concellos da provincia o servizo de implantación da administración electrónica
A Presidenta da institución provincial sinalou que os concellos se poderán sumar cando o consideren oportuno e sen compromiso de permanencia, respectando a autonomía local.
![[Img #28653]](upload/img/periodico/img_28653.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou onte no salón de plenos do Pazo provincial o servizo de implantación, uso e soporte das ferramentas de administración electrónica que a institución provincial pon á disposición dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. No acto, Silva estivo acompañada polo Deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, así como polos alcaldes e polas alcaldesas, tenentes de alcaldía e concelleiros e concelleiras dos concellos beneficiarios desta iniciativa.
A Presidenta provincial animou “a todos os concellos a que vos adhirades a este proxecto” e lembroulles que “o podedes facer en calquera momento, xa que non é obrigatorio adherirse de inicio e, se ao longo do seu desenvolvemento considerades que é interesante para o voso concello, vos podedes adherir posteriormente para que así o maior número de concellos poidan formar parte deste proxecto”. Carmela Silva engadiu que o servizo de administración electrónica se xestionará “mediante a sinatura de convenio de colaboración” e lembrou que “non hai un compromiso de permanencia”, polo que se algún concello considera que pode prestar o servizo doutro xeito “pódese dar de baixa xa que este é un proxecto moi flexible e aberto, en concordancia co principio de autonomía local que mantén este Goberno provincial”.
Do mesmo xeito, Silva asegurou que “este non vai ser o único servizo tecnolóxico que imos pór á disposición dos concellos, pois estamos a elaborar novos proxectos para este e os seguintes anos para que a provincia de Pontevedra se converta nun referente tecnolóxico e que todos os concellos poidamos presumir de ter ofertas tecnolóxicas para unha mellor prestación de servizos, así como poder estruturar conxuntamente esa prestación que permita que os concellos non teñan que restar recursos das súas escasas capacidades económicas, sendo administracións que aforran custos pero prestan moitos e mellores servizos ás súas cidadanías”.
O servizo de implantación, uso e soporte da administración electrónica levado a cabo pola Deputación de Pontevedra non supón ningún custo económico para os concellos que se adhiran a esta iniciativa, á que a institución provincial dedica preto de 850.000 €. Ademais, os concellos se poderán sumar cando o crean conveniente, sen ningún prazo límite, e sen ningún tipo de compromiso.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha este servizo cumprindo o disposto na Lei 11/2007 e 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, o cal establece a obriga das administracións a prover os medios necesarios para facilitar á cidadanía o dereito a relacionarse coas Administracións públicas a través de medios telemáticos. Do mesmo xeito, a institución provincial considera que este servizo contribúe ao achegamento da Administración á cidadanía e á mellora da prestación dos servizos dos concellos ao permitir que a relación entre os concellos e a sociedade elimine a barreira do espazo e do tempo. Cómpre lembrar que a administración electrónica en ningún momento supón a eliminación da modalidade presencial, senón que unicamente se suma ao catálogo de servizos dos concellos ás súas veciñanzas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149