Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 13 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG do Porriño demanda a transferencia da AP9 e a súa liberación de peaxe para facela “útil”

O voceiro municipal, Pedro Pereira, denuncia que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes.

[Img #28662]

 

Para o BNG do Porriño a transferencia da AP9 á Xunta de Galiza e a súa liberación de peaxe son cuestións indispensábeis para que esta infraestrutura sexa realmente útil. O voceiro municipal,  Pedro Pereira, denunciou que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes, o que impide que a vila e a súa contorna teñan unha axeitada conexión por estrada, o que incide negativamente a nivel socioeconómico.

 

Pereira mantivo, canda o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, un encontro con representantes da asociación de comerciantes do Porriño (ACIPOR), os parques empresariais da Granxa e das  Gándaras do Porriño, e da asociación de transportes de Pontevedra (Asetranspo).

 

Na xuntanza explicaron a iniciativa política que está a desenvolver o BNG destinada a lograr a transferencia da AP9 para que pase a ser titularidade de Xunta, co obxectivo, entre outros, de liberar a autoestrada das actuais peaxes. Neste senso, o voceiro municipal, deulles conta aos representantes empresariais e comerciais, da moción que o BNG levou ao pleno celebrado  onte.  Dita moción  contou co apoio dos grupos da corporación, agás o PP que se abstivo. Abstención que rompeo o consenso político acadado no Parlamento de Galiza en defensa da iniciativa lexislativa para reclamar a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza, nos termos aprobados polo Parlamento de Galiza.

 

 

 

 

O deputado nacionalista Luís Bará mantivo un encontro con representantes do tecido empresarial, do comercio e o sector dos transportes do Porriño

 

 

 

 

Desde o Bloque defenden que é estratéxico que Galiza poida decidir sobre a principal vía de alta capacidade do país. Demandan que a Xunta tome o control sobre esta infraestrutura “para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas e mesmo que sexa empregada como  obxecto especulativo por parte de grandes fondos de investimento dados os altos beneficios que xera, a custa do peto de sufridos usuarios e usuarias, co modelo de xestión que ten a administración central da AP-9”.

 

O encontro realizado este venres no Porriño inscríbese nunha campaña inicial coa que a fronte nacionalista quere sumar o maior apoio social e institucional á demanda da transferencia e gratuídade da AP9, instando aos grupos políticos con representación no Congreso a aprobar a proposición de lei remitida por acordo unánime do Parlamento galego.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.