GALICIA
Comezo da 2ª campaña “A mar de ecolóxicos” nos colexios de Galicia
Hoxe martes 15 de novembro iníciase no CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro (Ourense) a segunda campaña (a primeira tivo lugar en novembro de 2015) de fomento da acuicultura ecolóxica “A mar de ecolóxicos” nos colexios de Galicia e coa que grupos de nenos e nenas coñecerán de preto os alimentos ecolóxicos da acuicultura e tamén terán a posibilidade de degustalos.
O obxectivo da campaña é a divulgación e fomento de consumo destes produtos, que supuxeron no 2015 un total de 4.915.710,64 euros de facturación dentro do conxunto de todos os alimentos ecolóxicos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA.), que ascendeu ós 33.334.042,41 euros (é dicir, un 6,76%). Este sector da acuicultura, algas e conservas de pescado está a crecer notablemente nos últimos anos grazas á demanda dos consumidores.
Así, os alumnos aprenderán que son os produtos da acuicultura ecolóxica, que poden atopar dentro da oferta actual de Galicia, como identificar un alimento ecolóxico e como diferencialo dos convencionais, e porque é bo consumilos.
Esta campaña continuará ata finais de mes por colexios dos concellos de Ribadavia, Monforte de Lemos, Bóveda, Lugo, Melide, Palas de Rei, e Santiago de Compostela. Está financiada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Xunta de Galicia e está organizada pola Consellería do Mar e o C.R.A.E.GA.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217