Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 15 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Meijón e Galovart levarán Congreso a eliminación do paso a nivel do Porriño

[Img #28733]

 

A alcaldesa recibiu este luns aos deputados por Pontevedra no Congreso, Guillermo Meijón e Dolores Galovart, para tratar dos temas máis importantes que afectan na actualidade a O Porriño e que poden ser expostos polos dous parlamentarios na Cámara baixa.


Eva García de la Torre, subliñou como “esencial” a eliminación do paso a nivel do tren do centro da vila e obtivo o compromiso dos deputados de expor unha pregunta ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, en que punto está o estudo e o proxecto da ‘Saída Sur de Vigo’ que contempla a eliminación do paso ferroviario polo centro do concello. Meijón e Galovart insistirán, ademais, na inclusión dunha partida orzamentaria para acometer esta iniciativa nos vindeiros Presupostos Xerais do Estado para 2017.


Neste eido, García de la Torre expuxo a necesidade de que a variante contemple a creación de apeadeiros nos polígonos industriais porriñeses.


A alcaldesa tamén indicou a importancia de que os Presupostos Xerais contemplen a cesión ao Concello do Porriño do treito da estrada N-120, ao seu paso pola parroquia de Cans. Neste sentido, Eva García de la Torre insistiu na necesidade “irrenunciábel” de que a devandita cesión sexa coa correspondente partida orzamentaria para acometer a humanización correspondente de xeito que “esta zona pase a ser unha rúa máis da vila”.


Eva García de la Torre tamén pediu aos deputados que preguntasen ao Goberno cal é a evolución do número e contía das multas que se puxeron na popularmente coñecida como ‘Autovía Vigo-O Porriño’ entre 2010 e 2016.
A rexedora salientou que “xa está ben de ter aos veciños da zona sur da provincia coma petos, so para recadar sen xustificación, cando en Fomento saben que hai que cambiar canto antes o trazado desta estrada para que non se perda nin unha vida nin os cartos dos contribuíntes”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.