GALICIA
UGT-Galiciapide ao novo Goberno da Xunta un cambio de orientación de políticas económicas
Para a Comisión Executiva de UGT-Galicia, "non importa tanto a estrutura do novo Executivo, que tomou posesión, como a necesidade de que este asuma os cambios necesarios para mudar o rumbo da situación actual e tratar de consolidar un cambio das políticas económicas, co obxectivo de garantir un novo modelo de crecemento máis equilibrado e sostible, xerador de emprego de calidade e que avance na diminución das desigualdades".
UGT-Galicia urxe ao novo Goberno da Xunta a que "asuma unha serie de eixos de actuación que pasan por un plan de impulso da actividade económica, cambiando austeridade por crecemento; un plan de emprego vinculado tanto ao crecemento como a cobertura de necesidades sociais; un plan industrial de carácter estratéxico e de catro anos; un plan estratéxico de infraestruturas; un plan de ingresos públicos que recupere unha parte do perdido dende o 2009; un plan de incremento do gasto social para rexenerar os recursos destinados a sanidade, educación, a protección das persoas dependentes, a protección social e as políticas de igualdade e todo o que conforma o denominado estado de benestar".
Neste contexto, cren que "é necesario un novo modelo fiscal máis xusto e progresivo. Unhas contas públicas ao servizo das persoas nas que a Xunta renuncie á austeridade e utilizar os incrementos dos ingresos como fórmula para mellorar a sustentabilidade das contas públicas e non actuar sobre os gastos públicos".
"A aposta polo emprego de calidade debe ser prioritaria, o que esixe un cambio das políticas de emprego porque as actuais xa demostraron a súa ineficacia. As políticas activas de emprego deben destinarse a elevar a empregabilidade das persoas desempregadas, non a bonificar a contratación das empresas" sinalan.
"A loita contra a pobreza tamén debe ser un obxectivo e, para iso, hai que traballar na liña da recuperación das prestacións sociais" explican.
Tamén salientan que "o desequilibrio das mulleres no mercado laboral esixe dun Plan galego de emprego feminino, xunto con políticas activas de emprego máis efectivas, o desenvolvemento lexislativo dos plans de igualdade, unha lei de igualdade salarial e establecer unha conciliación corresponsable".
En materia de seguridade e saúde laboral, demándanse estes dous aspectos como un dereito fundamental e, para garantilo, é preciso promover a implantación de políticas preventivas.
A DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS DEBERÍA SER PRIORITARIA NESTA LEXISLATURA
A defensa dos servizos públicos é prioritaria nesta lexislatura. Sanidade, educación, servizos sociais, transporte, seguridade, vivenda, xunto cos sistemas de seguridade social ou de pensións e protección do desemprego constitúen a base do estado de benestar. Neste senso, urxe un pacto pola educación, a sanidade, a xustiza, os servizos sociais e os servizos públicos en xeral.
No eido produtivo, urxen "salvar o sector primario a través dun modelo racional e rendible de produción leiteira, de explotación racional do monte e de ocupación laboral na vixilancia e extinción para salvar o sector e deter o proceso de desertización do campo".
No sector pesqueiro as políticas "deben abordar a situación dos descartes, facer unha aposta de país para manter a pesca artesanal e a acuicultura pode ser unha das actividades que complementen a pesca extractiva".
PLAN INDUSTRIAL ESTRATÉXICO E INCREMENTO DO INVESTIMENTO EN I+D+I
"A política industrial debe ser recuperada como elemento esencial do novo modelo de desenvolvemento sostible, prestando atención aos sectores máis dinámicos e aos de maior valor engadido e contido tecnolóxico, fomentando a innovación e apostando pola formación. Neste senso, urxe un plan industrial de carácter estratéxico que persiga recuperar o nivel de actividade e de emprego perdido, acadando o 20 por cento cento do PIB en 2020.
Todo isto debe ir acompañado do incremento do investimento en I+D+i porque esta é a clave para crear emprego de calidade. Hai que avanzar na estratexia da UE de destinar o 2 por cenTo do PIB a esta materia" din dende o sindicato.
ORZAMENTOS DE 2017
"Para garantir que o demandado cambio de orientación de políticas se faga efectivo, o novo Executivo ten nos Orzamentos de 2017 o instrumento clave. As contas públicas do vindeiro exercicio deberían orientarse para garantir un novo modelo de crecemento máis equilibrado e sostible, xerador de emprego de calidade e que avance na diminución das desigualdades" conclúen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217