Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 16 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Unha vintena de empresas optan a reformar o Pavillón de Panxón

O Concello ten acelerado os trámites para que ambos traballos, de máis de 400.000 euros respectivamente e con cargo ao remanente de 2015, arranquen antes de remataro o ano

Un total de 19 empresas optan a realizar a reforma interior do Pavillón Municipal de Panxón e 51 ás obras de abastecemento á parroquia de Parada. En ambas actuacións, con orzamentos base de 422.271 euros e 457.204 respectivamente, o Concello ten acelerado os trámites ao máximo para que os traballos arranquen antes de finalizar o ano con cargo ao remantente de tesourería de 2015 (tal e como se aprobou no pleno de xullo). Estos prazos a día de hoxe se cumplirían.

 

"Estamos traballando duro para que as obras poidan empezan canto antes, o noso obxectivo é que sexa antes de decembro e polo momento os prazos para que así sexa son os axeitados. En calquera caso, son proxectos cruciais para o noso municipio cos que o goberno local está comprometido ao cen por cen, polo que dun xeito ou doutro se van realizar", incide Juan González, alcalde de Nigrán.

 

 

 

 

Os sobres coa documentación administrativa serán abertos este mércores e os que conteñen a proposta económica o vindeiro

 

 

 

 

O pavillón de Panxón, tras case trinta anos de vida e aínda que o seu estado de conservación é bo, presenta carencias relativas á normativa de seguridade e accesibilidade, mentras que, dende o punto de vista estético, a súa apariencia está anticuada e carente dun criterio homoxeneo tralas múltiples reformas que se lle foron facendo sen un nexo común. Unha das prioridades desta reforma que se vai a contratar é converter ao lugar nun espazo accesible para tódolos deportistas e visitantes, á marxe das súas capacidades psíquicas ou físicas e acorde así co proxecto de "Un Nigrán para todos" que serve de referencia para calquera intervanción. Para isto, entre outras medidas, eliminaranse os sobresaltos (converténdoos en ramplas accesibles), crearanse percorridos acondicionados e reformarase un dos locais para albergar os vestiarios adaptados. En prol da mellora da seguridade, limitarase o aforo e incorporaranse as instalacións contra incendios axeitadas. Ademais, sinalizaranse os percorridos de evacuación e reformaranse as saídas de emerxencia. Así mesmo, renovaranse as instalacións de fontanería e electricidade, introducirase un novo sistema de ventilación, colocaranse paneis solares para a produción de auga quente, dotaranse de nova iluminación, novos asentos no graderío... En canto á estética, para renovar a súa faciana e outorgarlle un aspecto de conxunto homoxéneo, entre outras intervencións, cambiaranse os pavimentos e carpinterías. "Todas estas actuacións redundarán na emenda das deficiencias que agora presentan as instalacións do edificio e dotarán ao polideportivo dunha estética conxunta e renovada, acorde cos usos e o momento actual", resume o alcade.

 

Levar o abastecemento de auga á parroquia de Parada é outro dos obxectivos deste goberno, que no pleno do pasado mes de xullo decidiu asumir o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería tras ter revocado a Xunta unilateralmente  o convenio (en contra de toda a corporación). O obxectivo é levar a agua a Parada polo barrio de A Carrasca para dar servizo aos barrios de Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa, xa que Aqualia e Concello están ultimando o proyecto que a leva a unha parte desta parroquia e de Camos a través de Nandín. Esta ampliación da rede de abastecemento que se vai contratar mediante a instalación dunha nova conducción beneficiará a preto de mil veciños residentes no entorno (na parroquia actualmente se surten mediante pozos ou traídas comunais). "O primordial é que se fagan as obras e con este obxectivo as contratamos íntegramente dende o Concello, xa que un dos nosos compromisos electorais é levar saneamento e abastecemento a tódalas parroquias", asegura González.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.