Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 15 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

López Font “O PP na Deputación de Pontevedra é unha oposición adicada ás verbenas porque lles gusta moito o chotis”

Carlos López Font acusa a Rueda de converterse "nun antisistema e escrachista".

[Img #28766]

 

O deputado responsable de réxime interno da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, acusou hoxe á oposición do PP na institución provincial de estar “centrada en organizar verbenas porque lles gusta moito o chotis”, tras o "escrache sufrido esta mañá nas dependencias do Pazo Provincial".

 

López Font asegurou que "detrás desta invasión dun grupo de alcaldes, alcaldesas e deputados e deputadas do PP provincial se atopa o señor Rueda, verdadeiro ideólogo dun escrache en toda regra, dunha acción intimidatoria e abusiva, que está a converter ó Partido Popular e ó propio Rueda nun antisistema e escrachista, algo que non se pode tolerar na democracia”.

 

Amais, o deputado responsable de réxime interno da institución provincial engadiu que “resulta lamentable que a oposición da Deputación de Pontevedra, algo tan necesario, imprescindible e fundamental na democracia, sexa protagonizada por un partido político que non se preocupa nada pola cidadanía, por atender as súas demandas e ás súas necesidades, senón que se dedica a invadir literalmente, sen ningún tipo de permiso nin autorización, o Pazo Provincial”.

 

López Font sinalou que “este escrache en toda regra, é un verdadeiro ataque á democracia que ven a amosar, unha vez máis, a forma de facer política á que nos ten acostumados o PP e o señor Rueda, o brazo armado de Feijóo na provincia, que se está a converter nun antisistema e escrachista”.

 

Font concluíu subliñando que “todos os argumentos do PP ante esta chantaxe de verbena, ante esta política de presión, perden credibilidade e forza e non merecen nin resposta, porque a acción que levaron a cabo hoxe tomando literalmente o Pazo Provincial é verdadeiramente indigna”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.