Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 16 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

A tudense Rosa Mª Vila expón a súa obra na Sala Municipal ata finais de mes

Achega 37 obras en pequeno formato sobre Tui e a natureza en distintas técnicas.

[Img #28758]

 

A tudense Rosa María Vila Iglesias presenta ata o 30 de novembro a súa obra pictórica na Sala de Exposición Municipal na Área Panorámica.  A mostra recolle 37 obras en formato pequeno nas que amais dos cadros en plumilla, que a caracterizan, emprega tamén outras técnicas coma óleo e acuarela, mesturándoas entre sí.  No seu traballo Tui é un dos grandes protagonistas plasmando panorámicas da cidade ou de Randufe, a Catedral, a igrexa de Santa Mariña de Areas ou a de San Bartolomé, así distintos recunchos da cidade, presenta tamén unha serie de portas pero tamén a natureza é obxectivo do seu pincel, xunto a outros lugares coma o Coliseo Romano ou a Catedral de Santiago. Rosa María Vila Iglesias, de formación autodidacta, ten realizado dende o ano 1998 numerosas exposicións tanto en Tui coma na Guarda, Vigo, Baiona, Valença ou Melgaço.


A mostra pode visitarse de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 10 a 13h.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.