TUI
Tui edita un milleiro de guías en castelán para divulgar o seus atractivos turísticos
As guías, que se entregan a cambio dun "donativo" de 5 €, conteñen información histórica, medioambiental e de ocio.
![[Img #28761]](upload/img/periodico/img_28761.jpg)
No seu obxectivo por seguir potenciando a actividade turística no municipio, á vez que se divulga a súa historia e riqueza medioambiental, o Concello de Tui vén de editar 1.000 guías turísticas integramente en castelán.
Os novos exemplares, titulados “Tui, mirador del camino”, son unha tradución das guías elaboradas en galego dentro do obradoiro celebrado en 2015 “Descubre Tui”, cofinanciado pola Xunta de Galicia, e conteñen un amplo abano de imaxes da cidade e das súas parroquias.
Nas 73 páxinas da guía, a color, percórrese a historia de Tui, a súa riqueza medioambiental e gastronómica, os recunchos turísticos das parroquias tudenses e os puntos de interese para os visitantes. Ademais, inclúen unha axenda cultural e unha guía de restaurantes, hoteis e servizos, co gallo de fomentar o comercio e a hostalería tudense.
Os interesados poden facerse cos exemplares na Oficina Municipal de Turismo a cambio dun donativo de 5€, de luns a venres en horario de 8:00 a 19:00 e sábados e domingos de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149