Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 18 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Tui aposta pola transformación da beira do Miño para convertela nun "polo de atracción turística"

O alcalde e a xefa provincial de Costas visitaron esta mañá a primeira senda executada entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional.

[Img #28771]

 

O Concello de Tui aposta pola transformación do entorno ribeireño do Miño ao seu paso polo termo municipal apostando pola súa conservación medioambiental e convertendo esta zona nun pólo de atracción turística que axude a revitalizar a economía da zona. No marco deste ambicioso proxecto executouse xa a primeira senda entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional.


Esta senda foi visitada esta semana polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e a xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, a quen o rexedor tudense quixo agradecer o seu esforzo para que esta infraestrutura sexa unha realidade. No percorrido estiveron acompañados polos concelleiros de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e de Turismo, Laureano Alonso.


A obra foi executada por Costas cun orzamento de 80 mil euros e supuxo unha actuación sobre 286 metros cadrados de senda, realizando 72 metros cadrados de escada xunto a Ponte Internacional para dar acceso á Avenida de Portugal, e se construíron 22 metros lineais de escolleira.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que a senda visita ten un carácter simbólico, xa que supón o inicio da transformación do entorno ribeireño, salientando que era unha actuación necesaria que mellorou de forma notable o acceso dende a rúa Olímpicos Tudenses, onde están situados os clubs de remo, piragüismo e o Centro Interfederado, ata a vella Ponte Internacional.


Dende o Concello trabállase agora en poder realizar sendas fluvial que comuniquen toda a beira do Miño no termo municipal dende o límite con Salvaterra ata Tomiño, proxectos que o alcalde presentou tamén hoxe á xefa provincial de Costas, quen se comprometeu a colaborar na medida das posibilidades do seu departamento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.