Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 17 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TURISMO

Máis de 100 parellas participarán este domingo no III Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade Tui-Valença

Como novidade este ano inclúese un “Circuíto Ibérico” para crear unha clasificación propia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Onte presentouse o III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que nesta ocasión celebrarase este domingo de 12.00 a 20.00 horas no novo Pavillón Municipal de Tui.  O acto estivo encabezado polo concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, quen valorou positivamente esta proba dentro do calendario de eventos comúns entre Tui e Valença. Amais, estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, o vereador de deportes de Valença, José Monte, e o director  do Trofeo, Miguel Abreu.


Máis de 100 bailaríns participarán nas modalidades standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quickstep), latina (samba, cha-cha, rumba, pasodobre e jive), bailes caribeños (salsa, bachata e merengue) e danza coreográfica (baile deportivo e en grupos).  


Cada bailarín participará no grupo de idade (xuvenil, junior, youth, adulto e senior) e categoría (iniciación –H,G,F–, territorial -1ª e 2ª–, C, B, “A” nacional e “A” internacional).


Como novidade, e co obxectivo de potenciar as competicións e a creación dunha clasificación común entre Galicia e o Norte de Portugal creouse un “Circuíto Ibérico” no que participarán máis de 80 bailaríns de Galicia e Portugal.
Tratase polo tanto dun evento “espectacular” nas palabras do seu director, Miguel Abreu, quen ademais lembrou que o baile deportivo “é un deporte regulado por unha federación propia e firme candidato a estar nos Xogos Olímpicos nun futuro”.


Pola súa parte, o concelleiro de Deportes tudense, Laureano Alonso, sinalou a oportunidade de que o certame congregue a visitantes en ámbalas dúas cidades e o vereador de deportes de Valença, Jose Monte, destacou o carácter internacional e transversal da proba.

 

O prezo xeral da entrada será de 6€, namentres que os menores de 12 anos teñen acceso de balde e os maiores de 65 pagarán 4€.  O III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença está organizado polo Club de Baile Deportivo Pasos – BaileGalicia en colaboración coa Eurocidade.

 


III Torneo de Baile Deportivo Eurocidade Tui – Valença

Data: Domingo, 20 de novembro.

Hora: 12:00 a 20:00 horas.

Lugar: Novo Pavillón de Tui.

Entrada: 6€ (4€ +65 anos, de balde para menores de 12 anos).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.