PONTEAREAS
Xosé Represas suspende o pleno de novembro "trala negativa do concelleiro Domingos Freitas a abandonalo"
O edil popular foi expulsado tras facer caso omiso das tres advertencias do presidente da Corporación Municipal Xosé Represas.
O alcalde Xosé Represas ante esta actitude decidiu ordenar un receso de dez minutos. De volta á actividade plenaria, o edil Freitas fixo caso omiso á expulsión ordenada polo alcalde Represas, polo que "se viu na obriga de suspender o pleno" aseguran dende o Departamento de Prensa do Concello de Ponteareas nun comunicado.
"Xa non é a primeira vez que o concelleiro do Partido Popular de Ponteareas, Domingos Freitas, interrompe nos plenos con malas maneiras e ofensas, sen respectar a quenda de palabra dos edís das outras forzas políticas que compoñen a Corporación Municipal de Ponteareas. A conduta indebida e falta de respecto xa se deu noutras ocasións por parte dos concelleiros do PP" engaden.
Até o momento da suspensión, o pleno tratara a proposta presentada por iniciativa do Bloque Nacionalista Galego sobre recuperación da memoria histórica e de condena da dictadura franquista, con engadidos de EU-Son, PSdeG e PP, aprobada por unanimidade da corporación. Tamén aprobaron por unanimidade proposta de oposición á LOMCE e as reválidas, e aquela referida á transferencia da competencia sobre a AP-9 á Xunta de Galicia.
Foi no momento de debater o escrito de ACiP sobre o servizo de recollida do lixo e despois das intervencións deste grupo e do Partido Popular, no momento no que interviña o alcalde, dando resposta ás preguntas da oposición, o concelleiro do PP "tivo un comportamento reprobable" aseguran no comnicado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184