Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 17 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mar EXPÓN a información pública os planes de usos de Panxón, A Guarda, Bueu, Cangas e as instalacións do Pasaxe e Beluso

Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente uso para infraestruturas básicas do porto.

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de someter a información pública a de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) dos portos de Panxón (Nigrán), Cangas, Bueu, A Guarda e tamén os das instalacións do Pasaxe no termo municipal de A Guarda e o de Beluso en Bueu. Estes documentos, que poden consultarse na sección de DEUP en trámite do portal de Portos de Galicia, recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario.

 

Os documentos, que incorporan todos os estudios preceptivos, foron elaborados polo propio ente público cunha dobre finalidade. Por unha parte, definir a delimitación interior e exterior do dominio portuario e, por outra banda, asignar os usos correspondentes a cada unha das diferentes zonas do porto. Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente uso para infraestruturas básicas do porto.

 

Portos de Galicia está a impulsar, como liña de traballo estratéxica, a redacción e tramitación destes documentos que permiten o desenvolvemento portuario ordenado.

 

A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen, unha das liñas de traballo permanente de Portos de Galicia. Deste xeito, o ente público avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.