MOS
O Concello de Mos implícase contra a Violencia de Xénero
A alcaldesa e a concelleira de Política Social presentaron hoxe a programación conmemorativa do Día Internacional contra a Violencia de Xénero aproveitando a celebración da Mesa Local.
![[Img #28828]](upload/img/periodico/img_28828.jpg)
Con motivo da celebración da Mesa Local contra a Violencia de Xénero que se levou a cabo onte no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, aproveitaron para presentar o programa de actos organizado con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o vindeiro día 25 do presente mes de novembro.
As actividades que se realizarán este ano son a representación de ‘A Nosa Veciña’ a cargo do Grupo de Teatro de Mulleres de Mos, que terá lugar o sábado 19 de novembro ás 20.30 horas no auditorio do Multiusos das Pozas, con entrada libre e de balde para todo o público asistente. O propio venres 25 de novembro pola mañá proxectaranse no Multiusos unha serie de curtametraxes sobre violencia de xénero tras os que se celebrará unha mesa redonda con debate integrada polos mesmos participantes da Mesa Local desta mañá.
E tamén terá lugar a segunda edición da Marcro Clase de Zumba ‘Móvete contra a violencia’, que se impartirá de xeito totalmente gratuíto o domingo 27 de novembro ás 12.00 horas no Pavillón Óscar Pereiro. Para participar na Macro Clase de Zumba requírese inscrición previa para poder facer a reserva da camiseta que se agasallará a cada un dos asistentes. Os interesados poderán inscribirse ata o martes 22 de novembro no Pavillón Óscar Pereiro e/ou chamando por teléfono aos números 986 337 278 ou 986 33 70 40. Esta actividade está patrocinada pola Obra Social de CaixaBank.
Ese mesmo domingo pola tarde, incluído no programa ‘Ocio en Familia’, realizarase o espectáculo infantil sobre igualdade ‘Os Roedores’, unha obra de teatro que será interpretada no Centro Dotacional de Torroso.
Mesa Local contra a Violencia
Mos celebrou onte unha Mesa Local contra a Violencia de Xénero á que asistiu a xefa do Servizo contra a Violencia á Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María Paz Pérez Asorey, a directora do Centro para MulleresVítimas de Violencia de Xénero en Vigo, Elena Molanes, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a edil responsable da concellería de Política Social, Sara Cebreiro, a psicóloga e unha traballadora social de dito departamento municipal do Concello de Mos, representación da Policía Local mosense, da Garda Civil, do Centro de Saúde de Mos, dos centros educativos do municipio, así coma representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal.
Na Mesa presentouse o protocolo de acceso á rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero da Secretaría Xeral de Igualdade dependente da Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Dito protocolo, xa en funcionamento, constitúe un marco fundamental cunha importancia capital na coordinación de tódolos organismos, entidades e institucións que traballan conxuntamente no apoio e protección ás mulleres maltratadas.
Entre outras medidas, este protocolo habilita un número de teléfono gratuíto e activo as 24 horas, denominado Teléfono de Información ás Mulleres, que actuará como Centro de Coordinador de axuda a todas as posibles mulleres vítimas de violencia machista. O número é o 900 400 273. Tamén se incorpora o servizo Fegataxi, que proporciona desprazamento gratuíto ao centro de acollida ás mulleres que o precisen.
Respecto do Protocolo Municipal contra a Violencia de Xénero que se atopa en proceso de redacción, acordouse a celebración de varias mesas de traballo técnicas previas á vindeira Mesa Local, que terá lugar dentro de dous meses, e onde se exporán os resultados de ditas mesas técnicas.
Os principias obxectivos da Mesa Local contra a Violencia de Xénero son analizar a incidencia da violencia de xénero no municipio de Mos, detectar aqueles elementos que provocan disfuncións importantes na atencións ás vítimas de violencia de xénero, avaliar a efectividade das intervencións, acordar entre os axentes compoñentes da Mesa a implantación de programas e actuacións que contribúan á prevención da violencia de xénero e á súa erradicación; e realizar propostas e plans de actuación conxuntos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149