GALICIA
Feijóo valora a boa marcha do sector vitivinícola galego
A vendima pecha este ano con case 60 millóns de quilos de uva e de boa calidade
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou onte na rolda de prensa do Consello a boa marcha do sector vitivinícola galego cuxa vendima, a pesar das condicións adversas marcadas polos ataques do fungo mildeu e polo pedrazo que afectou a zonas de Valdeorras e a Ribeira Sacra, pecha este ano con case 60 millóns de quilos de uva e de boa calidade. O que supón a terceira colleita máis abondosa dos últimos dez anos.
Máis polo miúdo, Feijóo subliñou que, a pesar das previsións que apuntaban a un descenso do 20% na cantidade de uva vendimada, a campaña pechouse cunha diminución de só un 6% fronte ao ano pasado.
Do total colleitado o 84% da uva pertence a variedades brancas e o 16% a uvas tintas: a uva Albariño supón máis dun 65% do total de uva branca, a Treixadura case un 12% e a Godello en torno a un 11%; e de entre as uvas tintas, a Mencía supón máis do 79% do total.
Logo da avaliación dos datos por denominacións de orixe, o titular do Goberno galego subliñou que a DO Rías Baixas supón un 56% do total recollido en Galicia, colleitando un 5% máis que a campaña anterior e consolidándose como a denominación que máis quilos de uva apañou.
A DO Ribeiro colleitou en torno ao 20% do total, á DO Ribeira Sacra algo máis do 9%, a DO Valdeorras colleitou en torno ao 8% e a DO Monterrei sitúase en máis dun 7% do total.
Feijóo incidiu en que, en xeral, a uva recollida é de boa calidade, xa que as chuvias previas á vendima equilibraron os distintos graos de maduración e destacou que para os labores de control, os consellos reguladores empregaron a máis de cen traballadores entre fixos e eventuais.
O responsable autonómico lembrou que as cinco denominacións de orixe galegas implican a uns 16.000 viticultores e 460 adegas; en 2015 comercializaron viño por valor en orixe duns 180 millóns de euros e, entre 2009 e 2015, o sector duplicou as súas vendas ao exterior. “Segue sendo un sector agroindustrial moi exportador”, sentenciou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217