Mos
Gañamos asegura ter presupostos “moito máis baixos” ca empresa adxudicataria da sinalización das Igrexas
![[Img #28884]](upload/img/periodico/img_28884.jpg)
Dende o departamento de Comunicación de Gañamos veñen de emitir un comunicado no que detallan “probas e indicios” nas súas “pesquisas sobre a contratación do suministro de sinais indicadoras. Contrato por importe de 49.700€ resolto mediante un procedemento negociado sen publicidade a prol da empresa Barreras de Seguridad, empresa adxudicataria de case a totalidade dos traballos de sinalización tanto vertical como horizontal realizados no Concello de Mos”.
A formación de Francisco Vázquez Troitiño asegura que pediu ofertas “dos mesmos elementos,
calidades e cantidades fixadas no contrato a unha empresa fabricante de sinalización para comparar. Dita empresa nos pasa unha oferta de 9.067€ +IVE.” segundo explican na nota de prensa.
Dende Gañamos aseguran que atoparon “que os materias son o mínimo esixido pola normativa de turismo da Xunta. A mitade dos elementos colocados son dun material tan básico como unha simple chapa de aceiro rotulada e a outra mitade son módulos de aluminio sin máis. Respecto a calidade da súa instalación, esta deixa moito que desexar, atopandonos sinais caidas por cimentación moi escasa ou colocadas de calquer xeito”
Tamén sinalan que “o expediente de contratación carece da documentación pertinente, documentación tan básica como o escandallo dos prezos que xustifique o orzamento, a acta de negociación coas empresas ou mesmo a xustificación de convidar a ditas empresas e non outras, máxime habendo en Mos varias empresas capacitadas. Ante esto, deixamos rexistrada a pregunta ao respecto e consultamos a o técnico en cuestión, quen recoñeceu que non ten nada documentado e non nos pode aportar ningunha proba documental de ter realizado o procedemento concorde a lei estabrecida”.
No comunicado explican dende Gañamos que indagaron sobre as dúas empresas convidadas a concursar que foron descartadas. “Sorprendeunos que Esmetuy S.L. de recente creación (2014) se adicase a construcción de estruturas metálicas. a priori unha actividade sen ningunha relación coa sinalización. Pero máis abraiante foi cando indagamos sobre a segunda empresa comparsa Setramur SL, esta empresa si adicase a unha actividade relacionada coa sinalización. Solicitamoslle un orzamento dos mesmos elementos pero menos cantidade. Nos responden e nos ofertan a frecha metálica por 99,70€ e o módulo de aluminio por 216,00€”.
Sobre a empresa adxudicataria Barreras de Seguridad explican que lle “solicitaon unha oferta dos mesmos materias pero moita menos cantidade. A estas alturas, xa non foi sorpresivo constatar que tamén a súa oferta era moito máis baixa que a que presentou para resultar adxudicataria do contrato. Concretamente ofertounos a frecha metálica por 151,20€ e o módulo de aluminio dobre por 805,67€ resultando en proporción o simple por 403,00€, aplicando estos prezos ás unidades de contrato a oferta resultaria dun importe non maior de 20.000€”
Rematan indicando que “o coste das obras de sinalización contratadas só esta financiada en parte, atá un 75% do principal 49.700€, pero o 25% restante máis o IVE sae dos fondos propios do Concello de Mos, case 20.000€. Ademáis todo son cartos das veciñas e veciños, xa que tanto o gastado con fondos propios como o aportado pola Xunta, Estado central ou Comunidade Europea tamén sae dos petos dos contribuíntes.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149