O PORRIÑO
A Concellería de Vías e Obras remata a substitución de 289 luminarias no Polígono de A Granxa
A Concellería de Vías e Obras ven de rematar, grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria do Goberno de Galicia,a renovación de toda a iluminación pública do Polígono de A Granxa coa substitución de 289 luminarias na Avenida Principal, rúas Paralelas de 1 a 4, As Gándaras, rúa C Cíes, rúa D Cortegada, rúa E Ons, rúa F San Simón, rúa G Sisagras e rúa H Sálvora, ademais de tramo de enlace da parte norte do polígono coa estrada provincial PO-510 e a entrada dende a EP-2405.
Como sinala o tenente de alcalde Manuel Carrera, a devandita achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria, permitiu a retirada as lámpadas de vapor de sodio de alta presión de 150 e 250 W e o seu troco por luminarias LED de 40 e 60 vatios de potencia.
Ademais instaláronse 10 reloxos astronómicos, un por cada cadro xeral de mando e protección, para control de acendido e apagado, e 10 conxuntos de descargadores- 1 por cadro-para a limitación das sobretensións que poidan aparecer na rede.
Carrera subliña o “importante” aforro enerxético e, porén, económico, asociado á diminución no conxunto da enerxía, “mentres se manteñen os niveis de iluminación nesta zona tan transitada”.
En concreto, os reloxos permiten unha programación automática dos horarios de acendido e apagado diarios, dacordo cos horarios da saída do sol e da chegada da noite; recorte da potencia instalada nun 78%, pasando de 85 a 18 quilovatios; aforro en custo de mantemento: as novas luminarias teñen unha garantía de 5 anos e unha vida útil de 100.000 horas; o cambio de 289 luminarias por novos puntos LED, supón unha redución no consumo de enerxía eléctrica de 375.000 a 75.000 kWh, un 80%, ao que engádese a eliminación de recargas por consumo de enerxía reactiva, o cal suma, en conxunto, máis de 20.000 € anuais so neste polígono.
Manuel Carrera lembra a aposta “resolta” deste Goberno local pola mellora do Medio Ambiente e, neste eido, salienta que, ademais do aforro enerxético hai, paralelamente, unha diminución das emisións de CO2 á atmosfera de preto de 70.000 quilos de dióxido de carbono anuais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149