Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 19 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP considera que "o Alcalde foi quen provocou a situación tensa no Pleno coas súas mentiras"

O concelleiro do Partido Popular de Ponteareas, Domingo Freitas Dalmeida, acusa ao alcalde de "provocador e mentirán".

Os concelleiros do Partido Popular de Ponteareas consideran que o Alcalde "foi o único responsable e quen provocou coas súas mentiras e falsidades o desenlace do Pleno Ordinario do pasado día 15, isto fixo que o concelleiro popular dixera que o que estaba a dicir o alcalde que era mentira".

 

O que interpretan os populares, é que Xosé Represas "quixo evadir e retrasar a contestación ás preguntas formuladas pola oposición, empregando como argucia a provocación e mentindo descaradamente, o que provocou a indignación do concelleiro popular, deste xeito, o alcalde ao levantar o Pleno, retrasa un mes, ata o pleno de decembro, para dar resposta á oposición nun tema tan delicado como distintas cuestións relativas á revisión do contrato da recollida do lixo e así non ser escravo das súas propias respostas".

 

Durante o receso do Pleno, o concelleiro do PP "achegouse ao alcalde pedíndolle desculpas polas súas manifestacións para evitar a súa suspensión. Ao reinicio do Pleno, o alcalde non mudou de criterio suspendendo o Pleno" explican dende o PP.

 

O concelleiro do PP tacha de "irresponsable e de ditador ao alcalde Xosé Represas pola súa actitude intolerante e intransixente moi ao contrario da súa forma de actuar cando el estaba na oposición que en numerosas veces foi responsable e partícipe de moitas disputas dialécticas durante o transcurso de moitos plenos, nos que reiteradamente, faltaba ao respecto ao anterior alcalde, González Solla, e actuando cun comportamento reprobable".

 

Freitas quere deixar claro que el é "un home recto, que lle gusta ir de fronte, coa verdade por diante, e non consinte as mentiras, que por moi altas que se digan, non deixan de ser mentiras; ademais manifesta que el nunca lle mentiu aos veciños de Ponteareas, non como Xosé Represas que enganou aos veciños vendéndolles preferentes, e non o di Domingo Freitas, senón que foron afirmacións da tenente de alcalde, Chus Garrote e doutros directivos do PSOE ponteareán, vertidas na prensa (R. Tébar: 19/04/15, Europa Press do 23 de maio de 2015), así pois, este indigno alcalde, para un pobo como o de Ponteareas, a día de hoxe, non lle pediu desculpas aos veciños que estafou".

 

Para rematar, Freitas tamén manifesta que se sente "humillado", xa que non entende" por que o señor alcalde non acatou unha situación propia do debate político, ademais, despois de 17 anos como concelleiro, nunca fora advertido nin expulsado dun Pleno".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.