MOS
A reducción dos tempos nas rutas, eixo central da reestructuración do bus urbano de Mos
A conexión con Vigo e o desprazamento de estudantes á Universidade son outros dous aspectos que se implementan e reforzan coa nova proposta.
![[Img #28880]](upload/img/periodico/img_28880.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Mobilidade, Kely Monzón, informaron hoxe da proposta de modificación das rutas do bus urbano presentado o pasado 24 de outubro. Naquela data as representantes municipais xa anunciaban que tras as dúas primeiras semanas de funcionamento do servizo eleboraríase un informe técnico coa valoración de afluencia e satisfacción dos usuarios.
Pois ben, dito informe realizouse tras trece días de servizo, e en base ao mesmo propúxose unha modificación das rutas que implica un cambio de sentido para facer máis efectivas as paradas de Peinador e Alto de Puxeiros, e a chegada con viaxeiros ao CUVI. Por outra banda, acortouse e reduciuse o tempo da liña verde para aumentar a afluencia de usuarios na mesma, xa que se detectou que non era operativa xa que duraba máis dunha hora.
A este respecto o equipo de goberno mantivo varias reunións cos voceiros dos demais grupos da Corporación. Na primeira destas xuntanzas comunicóuselle aos corporativos o número de usuarios rexistrados en cada unha das liñas durante os primeiros trece días de servizo de transporte municipal e anunciouse que se detectara que o principal erro atopado na liña verde era o tempo de percorrido, que motivou a pouca demanda da devandita liña.
Durante os 13 primeiros días de servizo a liña verde só tivo 10 usuarios en total, mentres que a azul rexistrou unha media diaria de entre 10 e 20 viaxeiros/as. Por iso se fixo un reaxuste do tempo e o percorrido e onte celebrouse unha nova reunión con representantes de toda a Corporación Municipal para acordar se se aprobaba esta reestructuración, que inclúe as propostas veciñais que eran viables así coma as dos diferentes grupos políticos da Corporación. Así mesmo, acordouse poñer en funcionamento esta nova proposta a principios de decembro, sempre que para entón xa se atope asinado o convenio coa Xunta de Galicia para incluír o transporte municipal mosense no Transporte Metropolitano.
Sen embargo os estudios técnicos e a comisión de seguemento para mellorar o servizo de bus urbano non quedarán ahí, senón que cada mes emitirase un novo informe de uso das distintas liñas, incluso das paradas máis utilizadas; e en maio de 2017 farase unha posta en común e unha valoración fundamentada no uso do servizo para plantexar entón a posibilidade de que o bus urbano de Mos chegue a puntos que agora mesmo non están incluídos como Amieirolongo, a zona comercial de Sanguiñeda, así como tamén unha posible ampliación de horarios.
Principais melloras da actual reestructuración
Unha moi importante incorporación do bus urbano na liña azul é que recolle á xente das parroquias mosenses de Tameiga, Guizán, Torroso, Dornelas, Mos e Louredo e as deixa en Peinador para que poidan coller o Vitrasa a Vigo, así como tamén recolle aos universitarios para deixalos en Puxeiros e que poidan coller a lanzadeira que os leva ao CUVI (que conta cunha expedición de ida en horario de mañá e dúas de volta: unha pola mañá e outra pola tarde). Aspectos estes que antes xa se contemplaban pero tan só na liña verde e agora faise nas dúas: verde e azul.
No caso da liña verde redúcese o tempo do traxecto de 1 hora 15 minutos a 55 minutos. Para acortar tempos o que se fixo foi trasladar parte da ruta á estrada PO-331 que vai de Porriño a Gondomar. Antes a liña introducíase polo interior das parroquias de Cela e Pereiras e agora evita esas voltas transcurrindo pola estrada Porriño-Gondomar.
E por último, por unha razón de operatividade, hai dúas paradas na parroquia de Petelos que antes estaban na liña verde e que agora pasan á azul que son: Camiño das Barxas (Capela de San Amaro) e Camiño das Barxas (Porteliña).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149