MOS
Mos traballa na loita contra o acoso escolar de xénero en datas previas ao Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres
A concellería de Educación promoveu un obradoiro de prevención do “ciberbullying” que se clausuraba hoxe no Instituto mosense.
![[Img #28844]](upload/img/periodico/img_28844.jpg)
Esta semana a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, visitaba no IES de Mos ós alumnos e alumnas de 1º da ESO que participaban na última sesión do obradoiro de prevención de “ciberbullying” impartido por Alba Alonso Feijoo e organizado dende o mencionado departamento municipal.
Esta iniciativa pretende falar de acoso aos mozos e mozas para educalos na tolerancia e traballar para previr e evitar casos terribles. O obxectivo principal é promover unhas infancia e adolescencia felices na que os rapaces poidan selo alonxados do medo a non encaixar. Por iso, cando se aproxima a data do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a concellería de Educación promoveuse esta actividade sobre acoso escolar de xénero levada a cabo por Alba Alonso de Realkiddys.
Como a dato a salientar, informar de que nunha sesión de dúas horas cunha clase de 28 alumnos/as, celebrada onte, saíron 4 casos reais que sufriran ou estaban a sufrir acoso e que non denuncian por medo a ser catalogados coma “chivatos”. Unha realidade que urxe cambiar substituíndo o concepto de “chivato” por “valente”, algo que require un arduo traballo por parte de toda a comunidade educativa.
E é que na actualidade, internet e máis as redes sociais teñen vido formar parte das nosas vidas tanto no eido profesional coma no persoal. Por iso, non podemos negar a súa existencia ou utilización, pero si educar á mocidade para que fago bo uso delas.
O mundo das redes sociais achéganos moitas vantaxes, máis tráenos un gran problema , o “ciberbullying” ou ciberacoso escolar.
O ciberacoso escolar podería ser definido como “o uso dos medios telemáticos para exercer o abuso entre iguais” Pode ser exercido de múltiples maneiras, dende o feito de colgar en internet unha imaxe comprometida doutra persoa, proporcionar datos sen cosentimento ou ben datos falsos dalguén, deixar comentarios ofensivos en foros, facerse pasar por outra persoa, etc.
Cocienciando a tempo poderemos frear unha nova forma de violencia de xénero, neste caso no mundo virtual.
“Por todo elo”, explicaba a edil Kely Monzón, “dende a concellería de Educación propuxemos levar a cabo este obradoiro, impartido por Alba Alonso, mestra, experta en xénero e Doutora en Filoloxía, fundadora do proxecto e marca RealKiddys, unha plataforma que propón nenos e nenas auténticos, reais e libres. Unha infancia na que existe o verdadeiro ‘eu’. Unha infancia e xuventude na que as decisións tómanse segundo os seus gustos, e non en canto os gustos que a sociedade impón segundo o seu sexo”.
No obradoiro os alumnos traballaron o ciberacoso escolar de xénero a través dunha ferramenta moi utilizada no mundo empresarial , o “Empathy Map” ou “Mapa da empatía”.
Os obxectivos do mesmo eran tomar conciencia das vantaxes e riscos do novo mundo das redes sociais, prevención e sensibilización respecto a igualdade no mundo do xénero, favorecer as situacións de igualdade nas relacións, promover a liberdade de opcións, gustos e oportunidades, a través de actividades prácticas que invitarán á reflexión e ao debate nas aula, dotar de exemplos e estratexias educativas ao profesorado dos centros participantes para o fomento da igualdade de trato e oportunidades e fomentar o aprendizaxe de valores baseados no respecto polas diferenzas , a igualdade e a tolerancia.
Os destinatarios de esta actividade foton os alumnos de 1ºESO do IES de Mos. O número total de beneficiarios/as de este obradoiro foi de 113 alumnos/as.
A metodoloxía da actividade constou de varias dinámicas. En primeiro lugar facer equipo evitando que o alumnado se acabe agrupando ben por sexos ou ben polo grupos de sempre. Con estas dinámicas o alumnado atópase máis metido en acción e procédese a explicarlle en que consiste o obradoiro. A súa disposición é diferente, xa se lle quebraron as súas expectativas en canto a “unha charla sobre igualdade” tradicional.
En segundo lugar, visualización de vídeos sobre o acoso escolar para logo debater sobre qué pode ser o ciberacoso de xénero.
En terceiro lugar, identificación das persoas participantes no ciberacoso de xénero.
En cuarto lugar, realización en equipos do “Mapa de empatía” dos diferentes participantes do ciberacoso.
E en quinto e último lugar, exposición dos resultados do mapa ós compañeiros. Isto favorece a expresión oral e a autoestima, ademais de favorecer a reflexión grupal sobre os outros implicados no ciberacoso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149