Domingo, 12 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Estudantes de Vigo e vilas próximas anuncia folga de ensino para este xoves 24 de novembro

Esta mañá anunciaban as mobilizacións estudantís convocadas por Erguer.

[Img #28881]
 
 
Desde a organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza, membro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, animan o estudantado galego a participar da xornada de folga do próximo 24 de novembro, que convocan para "esixir a paralización e posterior derrogación das reválidas e da LOMCE".
 
 
"Estamos ante unha lei imposta unilateralmente polo Partido Popular, na que aínda que aprobemos todos os cursos da ESO ou do Bacharelato, o que determinará se obtemos o título ou non será un único exame. Isto non contribúe á nosa formación e aprendizaxe, só a memorizar contidos para vomitalos nunha proba. Ademais, se a suspendemos, a nosa única opción é agardar un ano en branco para repetila ou o retroceso no sistema educativo" explicaban.
 
 
Para o responsábel en Vigo de Erguer "a LOMCE está deseñada para dar maiores facilidades para estudar ás elites, apoiando as axudas públicas a centros privados, incluso a aqueles que segregan o alumnado por cuestión de xénero. De feito, este curso 2016-17 xa comeza con 84 unidades públicas menos e 38 privadas máis".
 
Engadían que "con esta lei, a materia de Relixión computa para a media, e o alumnado que a cursa pode ter máis facilidades no acceso á universidade ou mesmo a unha Bolsa ou axuda que aquel que non o fai. Ademais, a LOMCE estabelece un sistema de combinacións de horas na escolla de materias que deixan o estudantado de Bacharelato moitas veces sen máis opción que a de escoller a Relixión para poder facer cadrar o seu horario".
 
 
Os estudantes manifestaron que "é tamén unha lei que ataca a nosa lingua, xa que con ela as horas impartidas en galego diminúen. Pretende españolizar o noso ensino ao devolver competencias educativas ao goberno do Estado, que será o encargado de fixar os contidos das distintas materias, vetándonos o coñecemento da nosa historia e cultura propias como galegas e galegos".
 
 
Dende Erguer sinalan que "a LOMCE deseñouse plenamente de costas á comunidade educativa galega, e tanto o profesorado e as familias coma o alumnado amosamos en repetidas ocasións o noso rexeitamento á mesma. É algo do que o goberno da Xunta e do Estado son conscientes, e precisamos seguir a exercer esa presión social para derrubar esta lei de educación. O próximo 24 de novembro baleiraremos as aulas de ensino medio e sairemos ás rúas para esixir a paralización da LOMCE neste curso e a súa final derrogación, na defensa dun ensino público, galego, feminista, democrático, de calidade e pensado por e para o noso país. Convocamos un total de dezaseis mobilizacións ás 12 da mañá en distintas vilas do país, que complementamos coas concentracións da tarde convocadas pola Plataforma".
 
Aquí en Vigo, a manifestación sairá de praza América, mais tamén haberá mobilizacións noutas zonas próximas desta comarca.
 
Está programada unha manifestación ás 12:00 en Ponteares que sairá desde A BAIXADA AOS IES, haberá unha concentración en Moaña no IES AS BRAXAS e outra concentración en Cangas no IES MARÍA SOLIÑO.
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.