O PORRIÑO
Participantes no Obradoiro de Emprego rematan traballos de conservación e limpeza
Participantes no Obradoiro Municipal de Emprego, todos eles perceptores da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), desenrolan dende setembro, diferentes labores en distintos lugares do Porriño.
Oito deles, homes e mulleres, seleccionados pola Oficina do Servizo Galego de Emprego, que ata o vindeiro mes de marzo, ademais de mellorar os seus coñecementos de albanelaría ou tarefas forestais, farán un traballo remunerado e, porén, estarán dados de alta na Seguridade Social, desenvolven diferentes cometidos para a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera.
Nas pasadas semanas,fixeron labor de conservación e limpeza en distintas parroquias, como Pontellas, Atios, Budiño ou Torneiros, na zona sur, que xunta dous dos polígonos industriais do Porriño, A Granxa e As Gándaras, e remataron co acantoamento do primeiro deles que, nalgunhas das partes nas que estiveron presentaba un estado de abandono.
Manuel Carrera subliña o “excelente labor” e a “implicación e interese” deste grupo de homes e mulleres, que non so “están a realizar un traballo perfecto”, senón dunha “grande importancia” para as veciñas e veciños da vila. Carrera cita coma “esencial” a actuación para desobstruír os desaugadoiros , “agora que empezaron as choivas” evitando que a as follas tapen os sumidoiros e a auga cause danos nas pistas, estradas e beiravías.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149