GALICIA
MAR forma a 20 persoas para impartir cursos destinados ao sector da acuicultura en Galicia
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa acolle esta formación ata o 2 de decembro.
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa acolle ata o 2 de decembro un curso de formación a través do que se instrúe a 20 persoas como formadores especializados para poder impartir cursos destinados ao sector da acuicultura en Galicia.
Cunha duración de 100 horas, este curso cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), contén unha primeira parte de didáctica, con sesións sobre programación e recursos, habilidades pedagóxicas e avaliación, impartidas por especialistas do instituto Ben pensante.
O resto das sesións dedícanse aos aspectos que o sector empresarial da acuicultura identificou como preferentes cara á capacitación dos seus profesionais, en resposta a unha enquisa previa realizada pola administración e son impartidas por diferentes especialistas. Algúns dos aspectos son a xestión da produción, a comercialización, a xestión sanitaria, a seguridade ambiental, a lexislación aplicable, a nutrición, as patoloxías, a automatización de procesos, a reprodución e a xenética.
A docencia de Programas de xestión da produción corresponde ao investigador do ECIMAT da Universidade de Vigo, Antonio Villanueva. Os investigadores Francesc Piferrer, do CSIC de Barcelona, e Ana María Viñas, da Universidade de Santiago, encárganse do apartado de reprodución e xenética. Por outra banda, Francesc Padrós, da Universidade Autónoma de Barcelona, é o responsable da parte de xestión sanitaria na piscicultura e Raquel Aranguren, do Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, da de patoloxía de moluscos.
O curso contén unha primeira parte de didáctica e o resto das sesións impartidas por especialistas céntranse en aspectos como a xestión da produción, a comercialización, a xestión sanitaria, a seguridade ambiental, a lexislación aplicable, a nutrición e a reprodución
A formación de medio ambiente e seguridade ambiental corresponde ao secretario do Cluster da Acuicultura, Fernando Otero Lourido e a parte de medio ambiente e seguridade ambiental impártea María Silva, da empresa Noresga. Ademais técnicos Skretting encárganse da parte de nutrición de peixes e os relatores Fernando Malet, de Innovaqua, e Enrique Vega, de Integraqua Tecnology, ofrecen a formación de automatización de procesos e control de parámetros e de aplicación de novas tecnoloxías en acuicultura, respectivamente.
Por outra banda, os técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) instrúen na parte de seguridade e saúde laboral e técnicos da administración en lexislación en acuicultura.
A maiores, o curso compleméntase con aspectos relacionados coa comercialización, así Juan Manuel Fernández, da Asociación Empresarial de Produtores de Cultivos Mariños de España (APROMAR), encárgase do apartado de comercialización e control de calidade na piscicultura e o director técnico de Conxemar, Julio César Doamo, xunto co do Centro Analítico Míguez Muíños, José Pelayo, son os encargados da parte de comercialización de moluscos bivalvos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217