GALICIA
A Xunta destaca a importancia de que as empresas conten con persoal especializado para consolidar a súa internacionalización
O director do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro cun grupo de bolseiros que se está a especializar en comercio exterior mentres colabora cos plans de expansión internacional das empresas galegas.
![[Img #28892]](upload/img/periodico/img_28892.jpg)
O director do Igape, Javier Aguilera, reuniuse en Santiago cun grupo de bolseiros que están a adquirir novas competencias profesionais en comercio exterior ao tempo que colaboran coas empresas galegas que desenvolven plans de expansión a outros mercados. Durante o encontro, salientou a importancia de que as empresas conten con persoal especializado neste ámbito para poderen iniciar ou consolidar a súa internacionalización.
Aguilera lembrou que a formación de capital humano especializado en comercio exterior é un dos obxectivos do eixo centrado na potenciación da cultura da internacionalización que se inclúe na Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020. Ademais, salientou a progresiva incorporación ás empresas de persoal especializado en comercio exterior, que vén contando coa colaboración da Xunta a través do programa de apoio á contratación de xestores especializados, o que explica en parte a excelente evolución das exportacións galegas.
Avanzar neste reto é tamén, engadiu o director do Igape, o obxectivo do ambicioso programa de bolsas de promoción exterior que está a desenvolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria, con máis de 40 novos titulados colaborando actualmente nos plans de internacionalización das empresas galegas, tanto en destino como en orixe, ao tempo que completan a súa formación no ámbito do comercio exterior.
Salienta o incremento de persoal formado neste ámbito como unha das claves da progresiva internacionalización do tecido empresarial da comunidade autónoma
Un total de 20 bolseiros de promoción exterior do Igape están especializándose e colaborando cos plans de expansión das empresas galegas en mercados como Perú, Marrocos, México, Estados Unidos, Colombia, Brasil, Reino Unido, Alemaña, Bélxica, Canadá, A China ou Emiratos Árabes. Outros 18 bolseiros colaboran, mentres se forman en comercio exterior, cos plans de internacionalización impulsados por clusters e organismos intermedios empresariais galegos. Outros catro están a formarse en servizos e programas de internacionalización desde o Igape, ao tempo que visitan empresas galegas para coñecer o seu potencial e os seus proxectos de internacionalización.
De acordo co previsto na Estratexia de internacionalización da empresa galega que está desenvolvendo a Xunta a través do Igape, as empresas dispoñen de servizos e liñas de apoio para cada fase de expansión exterior, desde os diagnósticos iniciais para coñecer o propio potencial ata as axudas para buscar novas oportunidades de negocio en feiras internacionais ou para consolidar proxectos de implantación comercial en mercados exteriores. Facilitar a formación e a incorporación de persoal formado en comercio exterior é un dos obxectivos.
Logo de acadar un récord histórico en 2015, con máis de 18.830 millóns de euros, as exportacións galegas seguen a medrar no que vai de ano, cun incremento do 5,4% ata o pasado mes de agosto, catro veces máis que a media española, cunha subida do 1,3%. Estes datos sitúan a Galicia como a cuarta comunidade onde máis medran as exportacións, incrementándose nun 22,4% o saldo positivo da balanza comercial galega, que é a terceira mellor de España en termos absolutos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217