MOS
O Concello de Mos ponse ao servizo das asociacións para promover a súa dixitalización
O 28 de novembro ás 19.00 horas a Axencia de Colocación mosense acollerá un encontro para representantes do tecido asociativo local en aras de axudarlles a decidir que ferramenta tecnolóxica lles interesa máis e a poñela en marcha.
![[Img #28901]](upload/img/periodico/img_28901.jpg)
A concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto, o CeMIT-Innova, VOLDIX e a Red Conecta organizan unha reunión sobre innovación dixital para asociacións mosenses que terá lugar o luns 28 de novembro ás 19.00 horas no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos.
En dita xuntanza promoverase a participación activa dos representantes do tecido asociativo: que opinen e decidan cal é a ferramenta tecnolóxica máis adecuada ás súas necesidades. E para elo durante o encontro identificaranse as necesidades de cada asociación, sendo as propias agrupacións as que aporten a información e as propostas que consideren necesarias.
Coa axuda dun ‘aliado dixital’ (voluntario dixital) tratarase de localizar a ferramenta óptima en beneficio de todas as asociacións.
O que se pretende con esta iniciativa dende a administración local é a visibilización das entidades asociativas de Mos, que se fagan visibles, que se saiba que existen; e para iso son necesarias reunións coma esta de recopilación e intercambio de información. Así mesmo fomentarase a participación das entidades asociativas nas redes sociais, ao tratarse estas últimas das ferramentas dixitais con máis peso e presenza na actualidade.
Plataforma común
E o eixo central e fundamental desta reunión será a creación dun espazo común para tódalas asociacións interesadas, a través dunha ferramenta tecnolóxica común mediante a que cada unha poderá participar individualmente cun blog propio ou outra ferramenta na rede social Google +, por exemplo.
A idea é que toda a información que se incorpore a esta plataforma teña un tratamento individualizado elaborado por cada asociación en cuestión. E un aspecto moi importante e interesante, tratarase dunha ferramenta que permitirá que as entidades colaboren entre elas na medida que lles interese ou consideren necesario.
A idea
Este proxecto naceu tras detectarse a necesidade de divulgación informativa das actividades de cada asociación. Deste xeito surxiu a idea dun proxecto piloto para facilitar un espazo común a través dunha ferramenta dixital coa que poder compartir esa información.
Esta ferramenta poderá aloxarse na propia web do Concello de Mos, de xeito que se complemente tamén a información sobre o municipio con datos actualizados de tódalas asociacións veciñais, culturais, deportivas, etc.
En todo este proxecto é e será fundamental a colaboración dos voluntarios dixitais (VOLDIX).
En definitiva, trátase este dun proxecto piloto de innovación social dixital, cuxa finalidade é a introducción das novas tecnoloxías entre a poboación mosense a través da formación TIC e a visibilización e participación social das entidades asociativas nas que se concentra esa poboación. O Concello pretende que este espazo teña a consideración de ferramenta de marketing cidadán das entidades asociativas. É dicir, que sexa unha ferramenta que utilicen e nutran as entidades asociativas para darse a coñecer e dar a coñecer as actividades que se organicen desde as mesmas, e que a súa vez, permita obter oportunidades de colaboración entre elas ou con outras entidades de similar sector, ou calquera interesada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149