GALICIA
Aberto o prazo de inscrición para o 'Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal'
As prazas inclúen o servizo de aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple e haberá servizo de transporte desde Galicia a Braga, con saída o día 9 de decembro desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra e Vigo e regreso o día 11 de decembro ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido.
A Consellería de Política Social, da man da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, estará representada na oitava edición da EMAX ‘Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal’ e que terá lugar na cidade lusa de Braga durante os días 9, 10 e 11 de decembro. O encontro vai dirixido a mozos e mozas que sexan membros de asociacións xuvenís ou de grupos informais, de entre 18 e 30 anos. Neste intre o prazo de inscrición para cubrir as 100 prazas ofertadas (cun máximo de 5 prazas por asociación ou grupo informal) está aberto ata o vindeiro 27 de novembro. Alí xunto a outros mozos e mozas, así como outras entidades do sector como a Fundación Galicia Europa participarán nun espazo de aprendizaxe, animación, cultura e lecer que construirá un marco cualitativo na afirmación do asociacionismo xuvenil e que estará organizado pola FNAJ (Federaçao Nacional das Associaçoes Juvenis de Portugal).
As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade as persoas que se presenten por asociacións xuvenís ou grupos informais que se inscriban para participar na ‘Mostra que Fazes’ que consiste na presentación de boas prácticas asociativas; que se inscriban para participar na mostra con música tradicional galega; ou que se inscriban para participar na mostra expositiva. Se as inscricións para participar nas actividades descritas superan o número de prazas, atenderanse as peticións por rigorosa orde de inscrición e atendendo ás necesidades de representación para cada mostra. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de reserva por orde de entrada e no suposto de baixas poderán ser adxudicadas as vacantes por dito orde. As persoas participantes das asociacións e grupos informais recibirán un correo de confirmación unha vez rematado o prazo de inscrición. No suposto de non ter recibido ningún correo o día 8 de decembro, se entende desestimada a súa petición.
As prazas inclúen o servizo de aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple e haberá servizo de transporte desde Galicia a Braga, con saída o día 9 de decembro desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra e Vigo e regreso o día 11 de decembro ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido. Para máis información pode consultarse a páxina web galeuropa@xunta.gal.
Oitava EMAX
O encontro ten por obxectivo crear un espazo aberto ao asociacionismo e de reflexión sobre a empregabilidade xuvenil e a importancia da participación das persoas mozas na sociedade, na cooperación transfronteiriza e no desenvolvemento das rexións. Será un espazo para tratar temas de interese común, dando continuidade ás actividades desenvolvidas nas anteriores edicións da EMAX.
Preténdese que sexa unha mostra de boas prácticas asociativas e proxectos, posibilitando o intercambio de experiencias entre os mozos participantes, estimulando o espírito de iniciativa e a creatividade. Aproveitarase para facer fincapé na participación activa das asociacións, podendo elas mesmas mostrar as súas iniciativas e compartir ideas e experiencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217