Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 22 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva presenta ante os concellos da provincia a nova edición do programa contra a violencia machista “Violencia Zero”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que a institución provincial e as 25 vilas que o acollen están a dar “un grito claro e contundente” na loita contra esta lacra.

[Img #28927]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polas deputadas provinciais Isaura Abelairas e Eva Vilaverde, presentou onte no Pazo provincial ante as alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros dos concellos da provincia unha nova edición do proxecto "Violencia Zero".

 

A Presidenta provincial asegurou que “comezamos unha andaina máis forte, na que imos dar uns pasos máis longos e máis claros na nosa loita contra a lacra da violencia machista” para así “levantar un grito claro e contundente” e seguir actuando nunha loita na que “a Deputación e toda a provincia de Pontevedra se están a converter nunha referencia”.

 

Isto é así porque este ano, a diferenza das 10 accións desenvolvidas en novembro de 2015, “Violencia Zero” recolle 25 accións de arte contemporánea (graffiti, performance, poesía, música, teatro, danza, pintura…) que se desenvolverán en 25 concellos da provincia e durante todo o ano, ata novembro de 2017, a razón de dúas accións ao mes (agás novembro do vindeiro ano, que acollerá unha). “Son 25 pola simboloxía do 25 de novembro, o día mundial no que todas e todos lembramos dunha maneira especial esta loita”, e “espalladas nestes doce meses porque poderiámolo ter desenvolvido nun só día, ou só durante esta semana, pero esta loita tense que dar todos os días do ano”.

 

Carmela Silva asegurou sentirse “moi orgullosa destes 25 concellos” (por orde cronolóxica: Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui) “polo seu compromiso e por lle pór rostro a este programa, e así convertelo non nunha acción da Deputación de Pontevedra senón destes 25 concellos e de toda a provincia; e por estar aquí representantes de gobernos de distintas cores traballando xuntos por erradicar as violencias machistas”. A Presidenta da institución provincial asegurou que “traballando cos concellos é como mellor podemos concienciar cada día máis á xente contra esta lacra”.

 

A Deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asegurou que “este ano e cada un dos seguintes iremos mellorando a nosa programación contra a violencia de xénero, porque non é certo que todo estea acadado e temos que seguir pelexando polo que merecemos ata conseguir que a violencia contra as mulleres sexa erradicada”. Pola súa banda, a Deputada provincial Eva Vilaverde asegurou que “nesta Deputación temos un compromiso conxunto na loita contra a violencia machista, e máis nos tempos que corren nos que estamos a ser testemuñas de que mesmo parece que se dan pasos cara atrás neste sentido. Por iso traballamos da man dos concellos, para así poder chegar á base da cidadanía e visibilizar un problema que nos acompaña día tras día”.

 

“Violencia Zero” comeza este mesmo xoves, 24 de novembro, cunha acción que se desenvolverá na Casa das Artes de Vigo ás 18:00 horas, cunha performance poética que non só visibiliza o problema da violencia de xénero, senón que permite recoñecer que este ten as súas raíces nun complexo sistema colonial-patriarcal-capitalista que o posibilita e fomenta. O programa continuará o día seguinte na Praza da Ferraría de Pontevedra, ás 10:30 horas, cunha acción de graffiti en contra da violencia de multixénero, tanto homofóbica coma transfóbica, rexeitando como persoas a quen a fomenta e a executa.

 

Lembramos que con datos do día 16 de novembro este ano son 38 as mulleres que morreron a mans das súas parellas ou exparellas, unha delas en Galicia, “unhas cifras que teñen que levantar as alarmas de toda a sociedade”, asegurou Carmela Silva. A esta cifra hai que sumar os oito casos, dous deles en Galicia, que seguen a ser investigados, e o bebé que foi asasinado a mans do seu pai. No que levamos de 2016 foron 25 nenos e nenas as que quedaron orfas de nai e a cifra de mulleres asasinadas pola lacra da violencia machista durante 2015 elevouse a 60, oito mulleres en Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.