PROVINCIA
Carmela Silva visita no Centro Penitenciario da Lama ás alumnas dun curso de formación en telemárketing
A Deputación de Pontevedra subvenciona esta actividade con preto de 4.000 €.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte no Centro Penitenciario da Lama ás alumnas beneficiarias dun curso de formación nunha ocupación, concretamente operadoras de telemárketing, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado pola institución provincial ao abeiro das axudas a entidades para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero no presente ano 2016.
O obxectivo xeral desta acción de formación, que recibiu preto de 4.000 € da Deputación de Pontevedra e que remata esta mesma semana, é o de favorecer a formación integral das reclusas para a súa incorporación sociolaboral no momento no que saian do cárcere, ademais de darlles coñecementos necesarios para desempeñar un oficio, favorecer as súas habilidades sociais para promover a súa integración a través da aprendizaxe (mellorando á vez a súa convivencia) e proporcionar os coñecementos e as destrezas necesarias para desenvolver a súa busca activa de emprego.
As reclusas están a recibir formación xeral para o traballo (perfil profesional, entorno laboral, resolución de conflitos e formación para a Igualdade) e a específica relativa á profesión de operadora de telemárketing, que reciben de luns a xoves en horario de tarde. A metodoloxía empregada pola Fundación Érguete-Integración integra unha parte teórica con outra práctica, ademais de estimular a creatividade, a resolución de problemas, a formulación de pequenos proxectos ou relacionar a adquisición desas habilidades coas do ámbito social. Á vez, axúdase a que as presas adquiran conceptos como o compromiso, a mellora das relacións entre iguais, o encontro consigo mesmas e o deseño das súas ferramentas de busca de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136