O PORRIÑO
A alcaldesa do Porriño mantivo unha reunión con representantes da Xunta de Montes de Atios
A alcaldesa do Porriño mantivo este mércores unha reunión con representantes da Xunta de Montes de Atios para dar cumprimento ao acordo do Pleno do Concello que, na última xuntanza, aprobou unha moción do BNG solicitando a ampliación da Área de Xogo Infantil da Guía.
Na moción se instaba ao Goberno local a convocar esta reunión, estudar a posibilidade de asinar un convenio de cesión de uso dunha parcela para a devandita ampliación, que o Goberno municipal solicitase dos técnicos do Concello a redacción dun proxecto de ampliación, e a aprobación dunha partida orzamentaria.
Na xuntanza deste mércores, Eva García de la Torre e os representantes da Xunta de Montes pecharon unha visita conxunta, coa asistencia dun técnico municipal, para o vindeiro xoves, día 1 de decembro, de cara á elaboración dun proxecto, para ampliar a actual área de xogo de A Guía ou para facer outro novo que, indicou a alcaldesa, podería abranguer, tamén, un parque biosaudábel para adultos.
García de la Torre e os representantes da Xunta de Montes, ademais de coincidir na necesidade de estudar as condicións de cesión dos terreos para este proxecto fixeron, tamén un repaso doutras necesidades de Atios que lle foron expostas polos responsábeis da Xunta de Montes.
A alcaldesa, como fixera durante o Pleno, volveu a amosar a súa coincidencia na “necesidade urxente” de arranxar, mellorar, ampliar ou crear novos parques infantís na vila e, como indicara tamén na pasada cita da Corporación, dispor das partidas orzamentarias necesarias para facelo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149