Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebra este venres a Gala do Deporte Tudense

Será ás 20.30h no Teatro Municipal coa presenza do alcalde de Tui e da presidenta da Deputación de Pontevedra.

Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que se celebrará este venres, 25 de novembro, ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui.


Será un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense. Amais da entrega dos galardóns de 2016 aos deportistas promesas, veteranos, e seniors nas categorías masculina e feminina tamén se premiará a  clubs, adestradores, deportistas históricos e colaboradores. Tamén está prevista a actuación do grupo Pelepau e Matissando.


A gala contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, e doutras autoridades.


Unha hora antes na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a exposición itinerante Olímpicos Pontevedreses organizada pola Deputación de Pontevedra e que na que figuran os dous tudenses que participaron este ano nos Xogos de Río: Óscar Carrera e Frank Casañas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.