Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 24 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos axuda ós seus deportistas con máis de 24.000 euros

Os principais clubes e deportistas individuais mosenses recibiron onte pola tarde as subvencións do 2016 para apoiar a súa actividade.

[Img #28993]

 

O Concello de Mos congregou onte pola tarde ás directivas dos principais clubes deportivos do municipio así coma ás deportistas mosenses máis destacadas, Patricia Martínez e Susana Alonso Carballo, para facerlles entrega das axudas económicas que anualmente lles outorga a administración local.

 

En total repartíronse 24.100 euros en nove subvencións cuxos beneficiarios foron a xa mencionada bailarina Patricia Martínez, a ciclista de BTT Maratón, Susana Alonso, o Club de Fútbol Alerta de Sanguiñeda, a Unión Deportiva Mos, o Club Deportivo Louro-Tameiga, o Club de Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Clube de Patinaxe Artística Rosaleira, e o Club de Xadrez Mos.

 

No acto de entrega estiveron presentes, ademais dos deportistas e entidades deportivas pertinentes, varios representantes municipais entre os que se atopaban a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes e tenente alcalde, Alberto Méndez.

 

A rexedora local destacou durante a entrega a implicación do Concello de Mos como promotor da práctica deportiva. “O deporte non só fomenta os hábitos de vida saúdables, senón tamén principios educacionais tales coma o traballo en equipo, o esforzo, o afán de superación, a competitividade sá e o compañeirismo entre rivais; valores tan necesarios e importantes na sociedade actual”, dixo Arévalo. Quen apuntou tamén a este respecto que no orzamento para 2017, que será aprobado no vindeiro Pleno a celebrar o luns 28 de novembro, “en deportes auméntanse en case 62.000 euros a partida total. Pasando de 421.297,56 euros en 2016 a 482.683,07 euros en 2017. O máis salientable é a creación de catro novas subvencións deportivas para o Fútbol Sala Concello de Mos, Mos Feminino, Clube Tiro Con Arco e Clube Ciclista Avance –que se suman ás nove que acabamos de repartir-. Ademais da partida para mellora de equipamentos deportivos”.

 

E é que no presuposto do vindeiro ano increméntase a partida adicada a deportes para poder continuar a promover a actividade de clubes deportivos, tan importante para o enriquecemento da localidade. Faise un novo esforzo por manter a liña de axudas consignadas, así coma a introducción de algunhas novas. Deste xeito foméntanse, entre outros aspectos, as Escolas Deportivas.

 

Por último o edil de Deportes, Alberto Méndez, insistiu no apoio do Concello de Mos ó deporte base, “alicerce da actividade deportiva na localidade mosense e futuro da mesma”. “Se temos un deporte base forte, activo e de calidade, o futuro deportivo de Mos será prometedor”, declarou Méndez.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.