Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os Comerciantes do Porriño conmemoran o ano de Castelao

[Img #28999]

 

O concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o responsable da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), presentaron  este xoves  o Ano Castelao no comercio, posta en marcha por ACIPOR e apoiada polo Concello e a Deputación.


Nos vindeiros días os establecementos do Porriño entregarán 2.000 bolsas, 25.000 envoltorios para o pan e 75.000 panos de mesa con debuxos do xenial médico, dramaturgo, escritor, político, pintor e ilustrador de Rianxo ao lémbrase este 2016 polo centenario da súa chegada á provincia, o 75 da estrea da súa obra teatral ‘Os vellos non deben de namorarse’, o Día das Artes Galegas, adicado a él e o 130 aniversario do seu nacemento.


Marcelino Coto agradeceu aos comerciantes locais esta iniciativa e subliñou a oportunidade de que a figura de Alfonso Castelao, en concreto, e a cultura, en xeral, cheguen a todos os cidadáns nun acto tan cotiá como ir a buscar o pan ou mercar nun establecemento. “Como non podía ser doutro xeito, o Concello tiña que colaborar con ACIPOR, que volve a amosar a súa entrega e entusiasmo en todo o que fai”.


Pola súa banda, Xosé Leal, logo de afirmar que estaba “orgulloso” por presentar este proxecto e recoñeceuse “impresionado” pola súa realización, reiterou a “excelente idea” de que o Comercio de Proximidade contribúa á fomentar a nosa cultura. Leal, quen asegurou que esta campaña terá repercusión en toda Galicia, salientou a importancia de que os cidadáns vexan o que poden facer as asociacións locais de comerciantes que, ademais de ofrecer produtos do país, axudan a  conmemorar a figuras como a de Castelao e a reforzar o noso idioma.


A presidenta de ACIPOR sinalou que esta iniciativa é “unha pequena mostra do que facemos os comerciantes locais” e amosouse encantada por contribuír ao recoñecemento da figura de Castelao, un dos referentes da identidade de Galicia. Juana Pérez adiantou que os Comerciantes do Porriño “seguiremos sumándonos a todas aquelas iniciativas que sirvan para promover a nosa riqueza cultural”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.