Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves contra o feminicidio

O Concello mostra o seu rexeitamento á violencia de xénero con actos reivindicativos ao longo da xornada do 25 de novembro.

[Img #29005]

 

Pola mañá farase unha cadea de persoas e globos de 2 Km de lonxitude que se estenderá entre os centros de ensino, pasando polo Centro de Saúde e o Centro de Día. Para finalizar, darase lectura a un manifesto na Praza do Concello, ou no Auditorio Municipal en caso de chuvia.

 

E pola tarde, ás 20:00 h, terá lugar no Auditorio unha mesa de traballo con colectivos sociais, asociacións e toda a poboación en xeral, co fin de elaborar un Plan de Igualdade Municipal. O plan, que xa está dotado con financiamento procedente da Deputación de Pontevedra, construirase sumando diferentes visións, opinións e perspectivas, de xeito aberto e participativo.

 

Ademais, dende a noitiña do mércores 23, as lámpadas que alumean as escaleiras que baixan ao Auditorio tinguen as árbores de cor lila. Un xesto simbólico co que dende o consistorio pretenden facer visible a súa repulsa fronte ao feminicidio e a defensa da súa eliminación do concello e do Mundo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.