Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 26 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O pleno da Deputación de Pontevedra aproba inicialmente o proxecto de orzamentos de 2017

A institución provincial contará o próximo ano con máis de 152,4 millóns de euros.

[Img #29016]

 

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres de xeito inicial o proxecto de orzamentos de 2017 que conta con 152,4 millóns de euros que se achegan a sumar ate os 155 millóns de euros se suman  todos os organismos dependentes da institución provincial.

 

O deputado provincial, Carlos López Font, indicou que os 155 millóns de euros contemplan o orzamento da propia Deputación, da escola de Enfermería e dos consorcios contra incendios provincial e de Tabeirós-Deza. En concreto o orzamento consolidado é de 155.444.192 euros.

 

López Font subliñou que o orzamento do ano 2016 medramos un 2,4% respecto de 2015 e iniciamos un profundo cambio nas liñas de actuación, nos obxectivos e nas prioridades do Orzamento,  e que no 2017 continuaremos co cambio a pesares de crecer no consolidado 2,20%.

 

O resumo das grandes cifras, o deputado provincial, sinalou que se poden concretar en o apoio aos concellos o través do  “Plan Concellos 2017” cunha partida de 41,2 millóns, máis as liñas de axuda noutras áreas  como son a implantación de novas tecnoloxías, o plan revitaliza, ou a protección de montes, entre outras, confirman que no conxunto do Orzamento para asistir económica e tecnicamente ós concellos se reserven 49 millóns de euros. En concreto 48.952.175 euros, o que representa que un  32,20% do orzamento de gasto da Deputación vai destinado aos concellos. Font destacou que isto representa un 2,2% máis que no 2016.


A outra gran partida do orzamento é a destinada a emprego, actividade económica e infraestruturas cun total de 34,5 millóns de euros en medidas que apoien e fomenten o crecemento do emprego provincial. Esta partida representa o 22,6% do orzamento, un 2,6% máis que no 2016.


A terceira gran partida e a adicada a Cohesión social, cultura, xuventude e deportes, aos que se engade o orzamento do Servizo de Igualdade. En total,  32,4 millóns, o 21,1% do orzamento, un 1,2% máis que no 2016.
Carlos López Font subliñou que 85,4 por cento do orzamento total de gasto da Deputación de Pontevedra no 2017 destinarase a estes tres obxectivos globais.


Na súa intervención o deputado provincial destacou que o  “Plan Concellos 2017” garante 41,2 millóns para investimentos, emprego e sostenibilidade financeira dos 60 concellos con menos de 50.000 habitantes, un 3% mais que este ano. E ademais vaise reforzase o apoio aos concellos con menos de 20.000 habitantes que pasan a ser los destinatarios de máis do 75% deste Plan.

 

Dende 2015, afirmou López Font,  “incrementamos en 12 millóns as axudas aos concellos, e dicir o Plan Concellos no 2017 consolida un 41% mais de financiamento para os concellos respecto do que tiñan en 2015. E o conxunto da cooperación cos concellos pasou de 27,1 millóns en 2015 a 47 millóns en 2017, case 20 millóns mais, case duplicouse”.

 

No que respecta a emprego son  máis de 13 millóns destinados a fomentalo na provincia complétanse tamén coas axudas as empresas, especialmente Pemes, para que poidan crear novo emprego.

 

Catro millóns do orzamento e para continuar cun modelo de atracción turística  que debe reforzar o pulo a unha atracción turística integral que vai rachando coa perspectiva estacional limitada e baseada nos tópicos de tratamento da provincia que estaban ao uso.


Outra das grandes cifras e dos grandes proxectos impulsados pola nova Deputación é o destacado polo voceiro do goberno,  son os case catro millóns de euros, para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros e  para mellora dos montes dentro do proxecto Revitaliza.

 

López Font tamén informou que 16,2 millóns de euros se destinarán á mell0ra das infraestruturas provinciais, dotando de maior accesibilidade á provincia e de estradas de calidade para a veciñanza.

 

Outro dos obxectivo básicos dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade para que o se creou en 2015 un  servizo adicado a elo. Neste orzamento reforzase  os seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016.

 

O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe.

 

En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento, segundo destacou Carlos López Font.

 

Por último, o voceiro do goberno provincial subliñou que eran uns orzamentos moi bos, onde dáse todo o protagonismo aos concellos e mantense as liñas principais de traballo da nova Deputación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.